A Xunta aposta pola divulgación da cultura e a recuperación do patrimonio galego co campo de voluntariado 'Tradición en verde' de Lalín

O grupo de voluntarioas e voluntarios que se dan cita nesta proposta realizan actividades para recuperar e promover diversos elementos arqueolóxicos, ambientais e etnográficos do municipio lalinense

A campaña de verán da Xunta deste año é a máis ambiciosa da historia con 10.800 prazas en campos de voluntariado, campamentos, minicampamentos e outras actividades

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, José Crespo, visitou hoxe o campo de voluntariado Tradición en Verde que deu comezo o pasado luns día 1 de agosto e que se desenvolverá no concello de Lalín ata o día 12 de agosto. Nel participan 14 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

As actividades programadas, de carácter arqueolóxico, etnográfico e ambiental, perseguen como obxectivos coñecer as diferentes campañas de escavación do Castro de Doade, a divulgación da cultura e do patrimonio galegos a través de varias actuacións no Museo Etnográfico ‘Casa do Patrón’ e a súa contorna, o acondicionamento da area recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños e da Ruta Prehistórica de Doade. 

O programa complétase cunha excursión ás Rías Baixas o vindeiro martes día 9 na que estes 14 mozas e mozos visitarán o conxunto histórico de Combarro, no concello de Poio, e a praia da Lanzada. Tamén realizarán actividades complementarias dentro do propio municipio coma rutas en caiac, xogos de xeolocalización, obradoiros de cestería, baile e danzas tradicionais, veladas nocturnas, visita guiada pola vila de Lalín para coñecer a súa historia, cultura e recursos turísticos así coma visitas á Fraga de Catasós ou ao Embalse de Portodemuros.

Neste campo de voluntariado internacional, enmarcado dentro da campaña de verán da Xunta de Galicia que promove a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado participan 14 xoves de diferentes comunidades autónomas: Cataluña, Galicia, Huesca, Madrid, Zaragoza e Venezuela.

O delegado territorial lembrou os voluntarios a importancia do seu traballo que deixa un importante legado no patrimonio lalinense e destacou a boa acollida que está a ter esta nova edición da campaña de verán da Xunta de Galicia, tanto pola oportunidade de ocio e diversión que supón para os mozos e mozas como por tratarse dun recurso de conciliación fundamental para moitas familias.

A Xunta de Galicia ofertou neste verán 2022 un total de 675 prazas en 45 campos de voluntariado as que se suman 79 prazas para mozos e mozas galegas en campos doutras comunidades autónomas e 57 no estranxeiro. Na provincia de Pontevedra son 225 as prazas que se puxeron a disposición en 11 campos de voluntariado máis 4 quendas en Cíes.

A campaña de verano da Xunta deste año, baixo o lema O verán que queres contar, é a máis ambiciosa da historia con 10.800 prazas en campos de voluntariado, campamentos, minicampamentos e outras actividades.

/Campo%20de%20Traballo%20Lal%C3%ADn%202022