A Xunta concede axudas a 46 entidades enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil
A Xunta concede axudas a 46 entidades enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar hoxe a resolución de axudas a un total de 46 entidades de acción voluntaria e entidades locais, enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, que foron beneficiarias das axudas para o fomento e a realización de actividades neste ámbito, que convoca a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Ao abeiro desta liña de subvencións a Xunta de Galicia concede unha achega de máis de 177.000 euros. Por unha banda, 110.606 euros son destinados a 31 organizacións privadas sen ánimo de lucro e, pola outra, 66.450 euros a 15 organismos locais das catro provincias galegas.
Con estas axudas fináncianse iniciativas e programas vinculados ao Camiño de Santiago, á recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas; a actividades con colectivos xuvenís e en situación de risco e propostas ambientais, relacionadas co ámbito familiar, coa igualdade de xénero ou coa orientación á prevención e sensibilización; para a posta en valor do medio rural e tamén a prol do benestar das persoas maiores.
A través desta orde de axudas, o Goberno galego colabora na promoción de actividades no eido do voluntariado e recoñece o labor das organizacións e das persoas que toman parte nas iniciativas achegan á sociedade ao contribuír e influír no desenvolvemento comunitario.