A XUNTA CONTARÁ CUN PLAN DE VOLUNTARIADO CENTRADO NO XACOBEO 2021 QUE IMPLICARÁ MÁIS DUN MILLEIRO DE PERSOAS VOLUNTARIAS
A XUNTA CONTARÁ CUN PLAN DE VOLUNTARIADO CENTRADO NO XACOBEO 2021 QUE IMPLICARÁ MÁIS DUN MILLEIRO DE PERSOAS VOLUNTARIAS
Entre as medidas que se levarán a cabo atópase o Programa voluntariado sénior, que se puxo en marcha no ano 2019 e que procura que os maiores de 55 anos participen activamente da acción voluntaria. No 2020 o 23 % do financiamento concedeuse a proxectos relacionados co Ano Santo. En segundo lugar, o Programa de voluntariado xuvenil, destinado a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos. O 25 % do destinado a este proxecto durante 2020 foi destinado á actividades vinculadas co Xacobeo.
Tamén se potenciará a formación e o voluntariado educativo, co que se impulsarán estas iniciativas xa desde as idades máis temperás. Continuarase cos Premios Galicia Acción Voluntaria, que se convocaron en 2020 por vez primeira; o Programa voluntariado no camiño, que busca garantir que estean abertas igrexas e monumentos e dar a coñecer entre os peregrinos o patrimonio cultural e ambiental de Galicia; ou a organización de campos de voluntariado vinculados ao Camiño de Santiago, nestes anos xa se celebraron dous: un, en Vedra e Boqueixón, e outro, en Triacastela.
Por último, impulsarase un proxecto de voluntariado europeo dentro do Xacobeo 2021 chamado Xacobeando, polo que 80 mozas e mozos de toda Europa colaborarán co servizo de acollida de peregrinos, realizarán labores de sensibilización sobre a conservación do noso territorio e porán ao día os recursos informativos vinculados ao Camiño.
Deste xeito, o Goberno galego contará cun Plan de voluntariado ambicioso e transversal que axudará a consolidar Galicia como a comunidade máis solidaria. Nestes momentos, a nosa Comunidade conta con 1.053 entidades de acción voluntaria rexistradas e 44.658 voluntarios que participan nas súas actividades.