A Xunta entrega os certificados de experiencias voluntarias a mozas e mozos do Grupo de Scouts Ilex de Ourense
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na entrega dos certificados de experiencias voluntarias a mozas e mozos do Grupo Scout Ilex de Ourense.
Cristina Pichel puxo en valor o traballo que fai esta organización para implicar á xuventude en actividades que redunden na mellora da contorna onde viven. Os scouts que forman parte deste grupo levan a cabo diferentes accións baseadas en valores como a solidariedade, a igualdade e a conservación do medio ambiente.