CAMPOS DE VOLUNTARIADO
A Xunta de Galicia oferta no verán deste 2023 un total de 730 prazas en 46 campos de voluntariado (incluíndo as cinco quendas nas Illas Cíes) que se desenvolverán por todo o territorio galego, prazas que se suman ás ofertadas en campos noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.
É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
Os campos de voluntariado son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, e encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
A oferta de campos de voluntariado está composta por:
- Campos de voluntariado en Galicia
- Campos de voluntariado noutras CCAA
- Campos de voluntariado no estranxeiro
Máis información:
Seguro
Toda a información sobre os diferentes campos de voluntariado e a forma de inscrición, na páxina web de Xuventude .