PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2022

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pon en marcha para 2022 a segunda edición do programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuíto para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana, a partir do 29 de abril, prolongándose ata o mes de setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.

Pechada a inscrición por esgotarse as prazas dispoñibles e completarse as listas de reserva. Para o caso de que estas últimas se esgoten nalgunha acción, abrirase un novo prazo de inscrición a través desta web. 

Están programadas 20 actividades, ampliándose a oferta a 270 prazas nos seguintes espazos naturais:

  • Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: lla de Ons (Quendas completas)

  • Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Illas Cíes (Quendas completas)

  • Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Cortegada (Quendas completas)

  • Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Sálvora (Quendas completas)

  • Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (Quenda completa)

  • Parque Natural O Invernadeiro (Quenda completa)

  • Parque Natural Serra da Enciña da Lastra (Quenda completa)

  • Parque Natural Monte Aloia (Quenda completa)

  • Parque Natural Fragas do Eume (Quenda completa)

  • Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés (Quenda completa)

  • Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo (Quenda completa)

  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Quenda completa)

  • Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo (Quenda completa)

  • Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel (Quenda completa)

  • Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (Quenda completa)

 

Nestes espazos, as persoas voluntarias desenvolverán actividades de:

- Preservación, limpeza e conservación

- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)

- Sensibilización e formación

A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (autobús desde Santiago de Compostela e/ou barco), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. Cada participante deberá levar os úteis de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

O programa desenvolverase con todas as garantías de seguridade e saúde polo que as prazas serán limitadas a 10 ou 15 por acción.

 

Requisitos de participación

Os requisitos de participación son os seguintes:

- Ter 18 anos cumpridos

- Residir na comunidade autónoma de Galicia

- Cumprimentar o formulario de inscrición

 

Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 18 de abril ás 12.00 horas.

Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.

Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.

 

Máis información en:

programas.xuventude@xunta.gal

881 999 567

/ambiental%20interxeracional PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2022

Descargas