PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL INTERXERACIONAL 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude, xunto coa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, convocan, un ano máis, o programa de voluntariado ambiental interxeracional 2023 en 18 espazos naturais de Galicia. Nesta iniciativa, na que se realizan actividades que impulsan o respecto e o coidado do patrimonio natural galego, ofrécense 434 prazas, 164 máis que en 2022, e a participación é totalmente gratuíta.
Están programadas 32 actividades, que se levarán a cabo todas as fins de semana de xuño a outubro, ampliándose a oferta a 434 prazas nos seguintes espazos naturais:
Pechada a inscrición por esgotarse as prazas dispoñibles e completarse as listas de reserva. Para o caso de que estas últimas se esgoten nalgunha acción, abrirase un novo prazo de inscrición a través desta web.
- Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia Illa de Cortegada
- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia – Illa de Sálvora
- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia Illas Cíes
- Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia lla de Ons
- Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
- Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés
- Parque Natural Fragas do Eume
- Parque Natural Monte Aloia
- Parque Natural O Invernadeiro
- Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
- Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá - ZEC Ancares-Courel
- Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo
- Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
- Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel – Xeoparque Montañas do Courel
- Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel-ZEC Canón do Sil
- Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo
- Monumento Natural A Fraga de Catasós
- Monumento natural costa do Dexo
En cada un delas, as actividades das persoas voluntarias participantes centrarase na realización de tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou catalogación de fauna e flora. Ademais, o programa procura fomentar a cooperación e a solidariedade desinteresada desde unha perspectiva interxeracional.
Requisitos de participación
Os requisitos de participación son os seguintes:
- Ter 18 anos cumpridos
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Cumprimentar o formulario de inscrición
A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (autobús desde Santiago de Compostela e/ou barco, segundo se detalle en cada ficha descritiva da actuación), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas. Cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.
Para ampliar as posibilidades de participación das persoas interesadas, cada persoa voluntaria poderá anotarse en dúas accións como máximo.
Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase por rigoroso orde de inscrición.