VOLUNTARIADO CULTURAL: VOLUNTARIADO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

VOLUNTARIADO CULTURAL: VOLUNTARIADO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, teñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar persoas voluntarias á rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Este programa pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer da cidadanía en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades das persoas usuarias e da comunidade á que serven.

As persoas voluntarias realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:

  • Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
  • Apoio na formación en competencias informacionais
  • Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
  • Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas
  • Apoio ao aprendizaxe doutras linguas
  • Outras

 

Perfil da persoa voluntaria:

  • Persoas con ideas de animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.
  • Persoas con coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos.
  • Persoas que teñan algún dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.

As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo deberán ser maiores de idade e poderán colaborar nas seguintes Bibliotecas xestionadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (o desprazamento correrá a cargo da persoa voluntaria):

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

R/Miguel González Garcés nº1
15008 A Coruña
Tlf:981170218.

Biblioteca Pública de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro, s/n
27002 Lugo
Tlf:982828327

Biblioteca Pública do Estado en Ourense Nós

R/Canle nº6
32004 Ourense
Tlf:988788389

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

R/Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf: 986850838

Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal

Avda. de Xoán XXIII s/n
15704 Santiago de Compostela
Tlf: 881999401

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

R/Joaquín Yáñez, 6
36202 Vigo
Tlf: 986229074