Actividade
Este programa pretende ofertar alternativas de actividades para que elixan as persoas participantes interactuando con todos os axentes como a contorna, monitores/as de apoio, voluntarios/as...
Colaborando cos/as monitores/as de apoio e voluntariado na autodeterminación e relacións inter persoais do grupo.
Prazas que se ofertan para voluntarios/as:
PRAZAS PARA VOLUNTARIOS/AS DE APOIO A ORGANIZACIÓN:
• DO 5 AO 12 DE XULLO - 1 PRAZA
• DO 14 AO 21 DE XULLO - 1 PRAZAS
• DO 23 AO 30 DE XULLO - 1 PRAZAS
• DO 1 AO 8 DE AGOSTO - 1 PRAZAS
• DO 10 AO 17 DE AGOSTO - 1 PRAZA
• DO 19 AO 26 DE AGOSTO - 1 PRAZA
A figura da persoa voluntaria constitúe un elemento imprescindible en calquera das actividades organizadas por Special Olympics Galicia, pero sen dúbida nas Vacacións de Verán adquire unha maior transcendencia, porque grazas á súa enerxía solidaria, fan posible a inclusión social e axudan a potenciar as capacidades das persoas.
Perfil:
-Maior de 18 anos.
-Con carné de Conducir B.
-Preferentemente Estudantes Universitarios ou de Ciclos de Formación Profesional.
INFORMACIÓN PARA A PERSOA VOLUNTARIA CAMPAMENTOS DE VERÁN 2022
FUNCIÓNS DA PERSOA VOLUNTARIA:
• Interactuarán conxuntamente coas persoas con discapacidade intelectual e monitores/as, facilitando a inclusión en diferentes contornas.
• Apoiarán ao coordinador/a acompañando un subgrupo durante as actividades segundo as súas indicacións.
• Propoñerán actividades, festas e dinamizarán o grupo de monitores/as.
• Responderán as necesidades do subgrupo que acompañen na medida do posible e co apoio e asesoramento do coordinador/a.
• Coñecerán e aplicarán as normas establecidas para o mellor funcionamento do programa.
• Outras funcións que poidan xurdir en beneficio do lecer da persoa con discapacidade intelectual.

OBXECTIVOS:
• Ofertar á persoa voluntaria a posibilidade de colaborar na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
• Conseguir unha interrelación e adaptación entre o grupo; participante, monitor/a, voluntario/a e coordinador/a.
• Que a persoa voluntaria e as persoas participantes gocen do lecer en ambientes comunitarios normalizados.
• Que a persoa voluntaria poida apoiar a que participen en actividades elixidas libremente polas persoas con discapacidade intelectual, axudando á súa autonomía.
• Potenciar a utilización dos recursos comunitarios que contribúen á normalización e a inclusión social.
Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. e inclusión social
Grupo de poboación coa que se colabora
Adulta
Activo
Desactivado