Actividade
Os obxectivos xerais do programa son a prevención do deterioro físico, cognitivo, social e emocional das persoas maiores de 65 anos privadas de liberdade.

Os obxectivos específicos do programa de voluntariado son os seguintes:

- Facilitar un espazo para as persoas maiores de 65 anos no que poidan relacionarse con outras persoas e prevelo illamento social.
- Mellorar a autoestima da poboación maior de 65 anos.
- Mellorar as capacidades cognoscitivas mediante exercicios para entreter a memoria, atención, función executiva, etc.
- Axudar as persoas a manter unha boa forma física, mediante exercicios de ximnasia de baixa intensidade.

As actividades que vai a desenvolver o voluntariado son as seguintes:

- Obradoiro de lecto-escritura: as persoas voluntarias levan un texto ou unhas preguntas dende as que construír un texto cos internos e guían un pequeno debate sobre o mesmo, ademais de axudarlles coa corrección ortográfica e gramatical.
- Estimulación cognitiva: as persoas voluntarias levan fichas individuais ou algunhas actividades grupais para mellorala función cognitiva. Exercicios de memoria, atención, habilidades visioespaciais, etc.
- Cinefórum: unha vez ao mes as persoas voluntarias levan unha película ao centro para o seu visionamento e na seguinte sesión se fai un debate sobre a mesma.
- Actividade física: se fan exercicios de baixa intensidade coas persoas penadas.

Todas estas actividades se organizan cunha persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES) que axudará á persoa voluntaria a atopar o material adecuado o llo dará directamente.

En canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal.

As actividades de voluntariado desenvolveranse en Centro Penal de Teixeiro (A Coruña)
Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. e inclusión social
Grupo de poboación coa que se colabora
Adulta
Activo
Activo