Inscrición de entidades de acción voluntaria
A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014.
Normas e requisitos de inscrición das entidades no Rexistro de Acción Voluntaria.
Inclúe anexo I para cubrir, acceso ao impreso de pago para cubrir e a un documento cos códigos e conceptos para cubrilo.
REQUISITOS PARA A INSCRICIÓN NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA
A solicitude de inscrición no Rexistro presentarase ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I da Orde do 14 de marzo pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, asinado polo/a representante legal da entidade, xunto coa seguinte documentación:
a) Copia do acordo de creación da entidade e dos seus estatutos se se trata da primeira inscrición, ou a referencia ao rexistro da Administración autonómica no que foron presentados, coa expresión do número de inscrición e data.
b) Número de inscrición noutros rexistros nos que por razón da súa natureza estea inscrita a entidade de acción voluntaria.
c) Declaración responsable, conforme ao anexo I, da subscrición da póliza de seguro a que se refire o artigo 15 da Lei 10/2011, do 28 de novembro de acción voluntaria.
d) Declaración responsable do/a representante legal da entidade, conforme ao anexo I, na que se acredite o cumprimento das demais obrigas das entidades coas persoas voluntarias.
e) Programa de actividades da entidade en materia de voluntariado.
f) Fotocopia compulsada do DNI do/a representante legal da entidade en caso de que non autorice a verificación dos seus datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
g) Xustificante de pagamento da correspondente taxa.
A documentación complementaria deberase presentar electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracions Públicas.
As solicitudes de inscrición, modificación e baixa, conforme ao anexo I, deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado (procedemento BS505A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracions Públicas. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola Xunta de Galicia.
Este anexo tamén poderá usarse para solicitar as cancelacións e modificacións rexistrais. A inscrición da entidade no Rexistro e a modificación da primeira inscrición rexistral (unicamente a modificación do nome da entidade, o CIF da mesma ou o nome do representante legal, ou calquera modificación dos estatutos da entidade) están suxeitas ao pagamento da correspondente taxa (primeira inscrición 10,47€; modificación da inscrición 5,28€).
ACCESO A IMPRESO DE PAGO DE INSCRICIÓN E MODIFICACIÓN DA INSCRICIÓN
Neste apartado atoparás o acceso ao IMPRESO DE PAGO da Consellería de Facenda que debes cubrir e a un documento PDF (en DESCARGAS) onde se facilitan os códigos e os conceptos a cubrir en cada un dos apartados do impreso de pago.
Os pasos a seguir dende a ligazón, no caso de querer pagar a taxa, son os seguintes:
- PASO 1: INICIAR TAXA
- PASO 2: ACCESO LIBRE AO SERVIZO
- PASO 3: INICIAR TAXA
Se unicamente queres imprimir o impreso de pago de taxas, debes seguir os seguintes pasos:
- PASO 1: INICIAR TAXA
- PASO 2: ACCESO LIBRE AO SERVIZO
- PASO 3: DESCARGAR MODELO