Solicitude de certificado de experiencias voluntarias

A presente normativa entrou en vigor o 1 de abril de 2014

Como solicitar un certificado de experiencia voluntaria ao Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Este apartado inclúe o acceso ao impreso de pago para cubrir, un documento cos códigos e conceptos para cubrilo e o modelo de solicitude de emisión de certificado de experiencias voluntarias (que aparece como exemplo de instancia a presentar no apartado DESCARGAS)

PETICIÓN DA CERTIFICACIÓN DE EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS

De acordo co artigo 17 da Orde do 14 de marzo de 2014 pola que se regula o Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, por petición das persoas voluntarias interesadas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado expedirá certificados de experiencias voluntarias que reflectirán as accións voluntarias desenvolvidas por estas con carácter global, en todas as entidades de acción voluntaria en que colaborasen e en todos os programas de voluntariado desenvolvidos pola Administración autonómica en que participaran.

Esta certificación está suxeita ao pago de taxas (Expedición 3,21€; Expedición de duplicados 4,17€).

Tarifas vixentes de Taxas

ACCESO AO IMPRESO DE PAGO DE SOLICITUDE DE CERTIFICADOS E DUPLICADOS DE CERTIFICADOS

Neste apartado atoparás o acceso ao IMPRESO DE PAGO da Consellería de Facenda que debes cubrir e a un documento PDF (en DESCARGAR) onde se facilitan os códigos e os conceptos a cubrir en cada un dos apartados do impreso de pago.

O modo de cubrir o impreso de pago de taxas trocou, polo que os pasos a seguir dende a ligazón, no caso de querer cubrilo, son os seguintes:

  • PASO 1: INICIAR TAXA
  • PASO 2: ACCESO LIBRE AO SERVIZO
  • PASO 3: INICIAR TAXA

Se únicamente queres imprimir o impreso de pago de taxas, debes dar os seguintes pasos:

  • PASO 1: INICIAR TAXA
  • PASO 2: ACCESO LIBRE AO SERVIZO
  • PASO 3: DESCARGAR MODELO