Actividade
Nestes momentos onde a provincia de Ourense voltou sufrir unha nova vaga de lumes é necesario máis que nunca reclamar, unha vez máis, un cambio na política e xestión forestal.
Ao igual que está pasando na provincia este verán, no 2017 o monte desta aldea ourensana foi unha dos afectados pola vaga de lumes que devastaron milleiros de hectáreas en Galicia. Dende entón estamos a levar accións de restauración, plantación e conservación do monte autóctono para chamar a atención sobre a problemática dos incendios forestais. Estes son consecuencia da nefasta xestión forestal e o abandono do noso rural, que se ven agravados polos efectos do cambio climático. Por este motivo, esta actividade está dentro do programa que, polo 25 de setembro, se realizan a nivel mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galiza, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises!, que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro, á que nos sumamos desde Amigos da Terra.
O domingo 27 quedaremos no aparcadoiro de Tourón ás 11:00 para a continuación subir ás zonas restauradas a facer labores de mantemento das plantacións de frondosas (desbroce manual de maleza, retirada de tutores, marcado de marras, etc). A actividade finalizará sobre as 13:30.
Para garantir a seguridade e saúde das persoas asistentes levaranse a cabo as recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades adaptadas á situación derivada da crise sanitaria do Covid-19 da Xunta de Galicia e será imprescindible inscribirse previamente á actividade no seguinte formulario>> https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdG6OHlb1Xnt637gp4xzisK8EUcdmc1sjk-vepy5KSMBjEONw/viewform
Unha vez realizada a inscrición nos poñeremos en contacto con vós para pasarvos máis información detallada sobre a actividade.

Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. ambiental
Activo
Activo