Actividade
Axudar a xestionar o banco recursos para as familias acolledoras e de orixe .Recepción da roupa, calzado e enseres de puericultura e xoguetes. Clasificación e preparación para a súa entrega ás persoas que necesiten e soliciten.

Hoxe en día a maioría das familias teñen limitados os recursos económicos e o espazo físico nos seus fogares, o que dificulta a adquisición e o almacenamento no fogar da roupa e outros enseres necesarios para a crianza dos nenos, nenas e adolescentes que están ao coidado das familias acolledoras e de orixe.

Moita da roupa e enseres que se necesita para a crianza queda en bo estado despois do seu primeiro uso e é necesario a intermediación para seguir usandoa.

A moda é responsable do 10% de tódalas emisións de CO2 . En España tíranse 325.000 toneladas de roupa ao ano, segundo Greenpeace, estendendo a súa vida útil dous anos, redúcense as emisións nun 14%.

ACOUGO pretende alentar a cultura do reutilizar. A corrente DIY (siglas da expresión inglesa “Do It Yourself”) pretende reducir o consumo, reutilizando as cousas que temos no fogar, dándolles outra vida e compartíndoas, xa que doutro modo irían para o lixo.


O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!!

Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741

Asociación
Data Inicio Actividade
Activo
Activo
Mes
01
Año
2023