Actividade
Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o sábado 2 de xullo. Achegarémonos desta volta a Carral, ao río Brexa, onde coñeceremos o proxecto de custodia do territorio que desenvolve dende fai varios anos a Asociación Brexa en colaboración co Concello.

Os compañeiros da Asociación Brexa comentarán as accións que desenvolven arredor deste curso fluvial e nas fincas propiedade do concello que están arredor do río. Logo realizaremos un pequeno roteiro pola marxe do río para rematar a actividade na área recreativa do río onde compartiremos un pequeno xantar a cargo do Proxecto Ríos. Poderemos visitar na zona da área recreativa unha charca onde hai presenza das princiapis especies de anfibios que podemos atopar en Galiza.
No transcurso da xornada realizaremos algunha pequena actividade de mantemento das accións realizadas pola asociación Brexa: acondicionamento das árbores plantadas no bosque de riberia e eliminación de invasoras na contorna da área recreativa.
Para anotarse: proxectoriosgaliza@gmail.com / 981 57 00 99
Asociación
Data Límite Inscricións
Data Inicio Actividade
Data Fin Actividade
Tipo de voluntariado
Vol. ambiental
Grupo de poboación coa que se colabora
Adulta
Activo
Activo