Aberto o prazo de inscrición para anotarse a 2 novas xornadas do "Programa de Voluntariado Interxeracional “Rede Galega de Oficios Vivos”
- 20 de setembro en Vilalba (apicultura)
- 27 de setembro en Viveiro (redeiras)
Prazo de inscrición
O prazo de inscrición estará aberto ata completar o número máximo de prazas.
Se o grupo de persoas inscritas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, a selección realizarase de acordo cos seguintes criterios:
1. Persoas residentes no concello onde se desenvolverá a xornada e con idades comprendidas nas franxas entre 16-35 anos e 55 ou máis.
2. Persoas residentes no concello onde se desenvolverá a xornada.
3. Resto de persoas con idades comprendidas nas franxas entre 16-35 anos e 55 ou máis.
4. Orde de inscrición.
Para máis información preme aquí.