
ASOCIACIÓN CENTRO XUVENIL ABEIRO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RÚA DON BOSCO, Nº 1
15003 - A CORUÑA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Somos unha asociación prestadora de servizos á mocidade que nace no 1994 na cidade d´A Coruña e que ten por finalidade xeral a de contribuír no tempo libre á educación e promoción integral da infancia e a mocidade. Os nosos proxectos e actividades tentan desenvolver propostas centradas nas nenas, nenos, mozas e mozos, favorecendo o seu crecemento integral e dando importancia ao ambiente, aos grupos e á relación persoal. Pertencemos á Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza, entidade promovida polos distintos centros xuvenís salesianos do país que traballa no eido da prevención, da educación do tempo libre, da animación xuvenil e do desenvolvemento sociocultural.
Ás nenas/nenos e mozas/mozos da nosa cidade.
Calquera mozo/moza ou persoa adulta interesada en voluntariado con infancia e mocidade no eido da educación no tempo libre e no lecer.