 
FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa María Luisa Durán Marquina, 20, 1º, oficina 1
15011 - A Coruña - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Ayuda en Acción somos unha organización internacional que xeramos oportunidades de futuro para a mocidade. Apoiamos ás persoas máis vulnerables desde a infancia e a mocidade, facilitando o acceso á educación e á transición exitosa cara ao emprego. Estamos presentes en 16 países de América Latina e África a través dos nosos proxectos de cooperación internacional e axuda humanitaria, e en España e Portugal a través da educación para a cidadanía global e acción social.
En Ayuda en Acción acompañamos ás persoas que máis o precisan desde a infancia e a mocidade, construíndo lazos, definindo metas comúns, apostando polos seus talentos e habilidades. Facilitamos o seu acceso á educación e a transición cara ao emprego e ao emprendemento para que sexan protagonistas do seu propio camiño, xerando un desenvolvemento sostible e duradeiro nas súas comunidades.
Convírtete en ONsider
Queres pasar á acción, salvar o planeta ou vivir unha actividade de voluntariado? ONsiders é a plataforma de mobilización e voluntariado que o fai posible.
En ONsiders atoparás actividades de voluntariado tanto en liña como presenciais para que poidas actuar fronte aos problemas sociais e ambientais que che importan. E iso non é todo: tamén terás as ferramentas necesarias para converter as túas ideas en accións que cambian o futuro.
Que atoparás en ONsiders?
Accións de voluntariado á túa medida
¿ Dixital ou presencial? ¡Ti decides! Desde causas ambientais ata proxectos sociais, seguro que aquí atopas o que buscas.
Flexibilidade total
Sabemos que a vida vai a mil por hora e comprometerse a longo prazo pode ser complicado. As nosas iniciativas son de duración limitada, así que ti escolles cando e como participar.
Conecta e crea amizades
Únete a unha comunidade de mozos e mozas coma ti, con compromiso e ganas de marcar a diferenza.
