Campaña Mundial pola Educación 2026
As persoas voluntarias participarán no desenvolvemento de obradoiros de sensibilización en defensa do dereito humano á educación (ODS4) en centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato) e en grupos de educación non formal (asociacións xuvenís, culturais, deportivas, etc.).
Recibirán unha formación previa da CME Galicia coas unidades didácticas e instrucións para a preparación dos materiais. Despois, cada persoa voluntaria deberá contactar cun grupo (por exemplo, un centro educativo ou unha asociación) e levar a cabo os obradoiros.
No caso de que a persoa voluntaria non consiga un grupo, a CME Galicia axudará a poñerse en contacto cun centro ou colectivo.
O obxectivo é promover o dereito á educación e a igualdade dixital a través de dinámicas participativas, actividades creativas e o acompañamento do grupo no proceso de reflexión.
Data límite inscricións:
28/02/2026
Data inicio actividade:
02/03/2026
Data fin actividade:
30/06/2026
Contacto: email: tsaenz@ayudaenaccion.org ou teléfono/whatsapp: 606 420 114