ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA

Representante legal: ADELA FIGUEROA PANISSE
C.I.F: G15044811
Coordinador técnico: FINS EIREXAS SANTAMARIA
Campo de Voluntariado no río Tea
Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminando manchas de Acacia dealbata, A. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os posibles rebrotes. http://adega.gal/axenda.php?id=1079&idioma=gl&sec=11
XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos
Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o sábado 2 de xullo. Achegarémonos desta volta a Carral, ao río Brexa, onde coñeceremos o proxecto de custodia do territorio que desenvolve dende fai varios anos a Asociación Brexa en colaboración co Concello. Os compañeiros da Asociación Brexa comentarán as accións que desenvolven arredor deste curso fluvial e nas fincas propiedade do concello que están arredor do río. Logo realizaremos un pequeno roteiro pola marxe do río para rematar a actividade na área recreativa do río onde compartiremos un pequeno xantar a cargo do Proxecto Ríos. Poderemos visitar na zona da área recreativa unha charca onde hai presenza das princiapis especies de anfibios que podemos atopar en Galiza. No transcurso da xornada realizaremos algunha pequena actividade de mantemento das accións realizadas pola asociación Brexa: acondicionamento das árbores plantadas no bosque de riberia e eliminación de invasoras na contorna da área recreativa. Para anotarse: proxectoriosgaliza@gmail.com / 981 57 00 99
Roteiro para a identificación de EEI en Razo Baldaio
Xordana adicada ao inventario de especies exóticas invasoras na contorna das praias e Razo e Baldaio. O obxectivo da identificación é realizar unha xornada de eliminación de EEI para continuar co control das especies invasoras no litoral de Carballo. A actividade está incluída no proxecto Eu Quero Razo Baldaio. Máis información e inscricións: http://adega.gal/axenda.php?id=858&idioma=gl&sec=12
Limpeza de praias Razo Baldaio
Xornada incluída no proxecto Eu Quero Razo Baldaio do concello de Carballo. A actividade está encamiñada a sensiblizar á poboación na necesidade de manter limpo de residuos o litoral, incidindo sobre a problemática ambiental que os plásticos e microplásticos producen sobre o medio mariño e litoral. Realizarase unha recillida de residuos nos areais de Razo-Baldaio. Máis información e inscricións: http://adega.gal/axenda.php?id=859&idioma=gl&sec=12