CONCELLO DE MACEDA

Representante legal: RUBÉN QUINTAS RODRÍGUEZ
C.I.F: P3204400J
Coordinador técnico: JOSE MANUEL GIL CARBALLO

CONTACTO

Enderezo:
RÚA DO TOURAL, 2
32700 - MACEDA - OURENSE
Teléfono: 988 463 001 Móbil: 988 463 001
Fax: 988 463 163
Email: info@concellodemaceda.org
Nº de voluntarios: 8

INFORMACIÓN

Quen somos:

O Concello de Maceda está situado no interior da provincia de Ourense, considerándose como de alta montaña. Conta cunha extensión de 102 km2, na que se distribúe unha poboación de 3.367 habitantes repartidos en 52 núcleos de poboación. A Oficina Municipal de Voluntariado de Maceda nace no ano 2002 co fin de crear un tecido social solidario participativo e sensible coas diferentes necesidades da poboación mediante a colaboración nas accións e servicios das diferentes concellarías, estendendo este ámbito de actuación a outras iniciativas que poidan xurdir na zona. Dende a súa inauguración, 6 voluntarios colaboraron en diferentes momentos en actividades que se levaron a cabo durante este tempo. Neste ano 2007 contamos xa con 37 que participan en actividades das seguintes áreas que a continuación se indican: 1.- Área de Cultura (Concellaría de Cultura). · Colaboración na realización (organización, difusión, etc...) do Concurso para Cartel de Voluntariado organizado entre os nenos dos distintos colexios de Maceda. · Proxección de películas para aproveitamento de ocio e tempo libre durante as vacacións escolares. 2.- Área de Servicios Sociais (Concellaría de Servicios Sociais). · Colaboración coa oficina de Servizos Sociais nos programas destinados a 3ª idade: acompañamento, colaboración no tema de teleasistencia domiciliaria, etc. E tamén participación en actividades destinadas á muller, etc.

A quen vai dirixida:

A poboación en xeral residente no termo municipal de Maceda e, dependendo das actividades: a persoas maiores, a nenos, a mozos, á muller,aos membros de entidades de acción voluntaria, etc. En determinadas ocasións, tamén se dirixe ás persoas en situación de marxinación social ou excluídas.

Quen pode colaborar:

Tódalas persoas maiores de idade que estean interesadas en colaborar con algunha das áreas indicadas no Proxecto de Voluntariado deste Concello de Maceda. Será requisito necesario, antes de empezar como voluntario, asistir a un curso de formación básica de voluntariado organizado polo Concello de Maceda e impartido por algunha das entidades de acción voluntaria do concello.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Vol. e cooperación
Vol. ambiental
Vol. cívico
Ámbitos do voluntariado
Admin. pública e voluntariado