 
CONCELLO DE VIGO / OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Praza do Rei nº 1
36202 - VIGO - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
A OMV é un servizo municipal que promove o voluntariado na nosa cidade e áreas de influencia, facilitando información sobre voluntariado en xeral e sobre as entidades que prestan servizos neste ámbito; promove e fomenta a comunicación entre as ONL e os voluntarios/as; organiza cursos de formación propios en materia de voluntariado, tanto básicos coma específicos, etc.
Persoas voluntarias e entidades de acción voluntaria
En principio todo o mundo pode ser voluntario, sempre que se sexa unha persoa responsable, comprometida e respectuosa cos outros e coa diversidade. Ser voluntario/a implica comprometerse libremente, non buscar compensacións de ningún tipo, colaborar con outros/as voluntarios/as e axudar aos/ás demais con fins sociais.
