 
FEDERACIÓN DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
BELVIS, Nº 2
15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A FEDERACIÓN DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA é unha entidade prestadora de servicios á xuventude que traballa no eido da prevención e educación no tempo libre, da animación xuvenil e do desenvolvemento sociocultural. Agrupa na actualidade a seis asociacións de cinco cidades galegas: Abeiro en A Coruña, Don Bosco en Santiago, Abertal e Xentenova en Vigo, Amencer en Ourense e Ateibo en Lugo. A súa sede encóntrase en Santiago. Ditas asociacións ofertan servicios á xuventude para a súa promoción integral segundo un estilo educativo propio, pretendendo esta Federación coordinar os esforzos, promover programas e actividades, intercambios con outras entidades a incorporación de novos membros e a formación conxunta. Coas nosas actividades chegamos a preto de 5.000 rapaces e rapazas e mozose mozas, ben a través de programas que funcionan durante todo o ano, ben a través de programas de carácter máis puntual. Na actualidade un total de 498 voluntarios e voluntarias desenvolven os programas da Federación Don Bosco.
Rapaces e Rapazas, Mozos e Mozas.
