 
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA, FAXPG
      Representante legal: María Alonso Mesía
    
    
      C.I.F: G15068091
    
    
      Coordinador técnico: Mª Carmen González Lloves
    
   - Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
          Enderezo:
FELIX ESTRADA CATOIRA, 3-BAIXO, DTA.
15007 - A CORUÑA - A CORUÑA
        
        FELIX ESTRADA CATOIRA, 3-BAIXO, DTA.
15007 - A CORUÑA - A CORUÑA
          Teléfono: 986.13.49.62  //  981-16.93.36   Móbil: 667.891.167
        
        
          Fax: 886.130.166  // 981-15.43.16
        
        URL:
              
          
          Email: faxpg@faxpg.es
        
        
          Nº de voluntarios: 47
        
        INFORMACIÓN
          Quen somos:
          
        A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) é unha entidade sen ánimo de lucro que se rixe polos principios democráticos, e é a ferramenta para a representación dos intereses colectivos das persoas Xordas e das Asociacións de Xordos federadas en todolos ámbitos da sociedade, desenvolvendo un traballo de interlocución con outros axentes sociais e contribuindo ó desenvolvemento social da Comunidade Xorda a través da posta en marcha de unha rede de centros prestadores de Servicios Sociais accesibles a las persoas Xordas e con discapacidade auditiva nos que existen equipos de profesionais multidisciplinares dedicados a este fin. Actualmente a FAXPG está composta por sete Asociacións; coas que comparte os obxetivos comúns de: * Promover a integración social das persoas Xordas * Conseguir a Igualdade de oportunidades no acceso á educación e ó emprego. * Eliminar as Barreiras de Comunicación * Contribuir ó desenvolvemento social e educativo das persoas Xordas A FAXPG puxo en marcha o Servizo de Voluntariado FAXPG (destinado ó acompañamento de persoas Xordocegas) como un proxecto innovador que, polas características do mesmo e dos seus principais beneficiarios, supoñía un verdadeiro reto en canto á participación e continuidade. O Servicio de Voluntariado FAXPG, iniciou a súa andadura durante o exercicio 2003, consolidándose como alternativa ó aillamento social e comunicativo das persoas Xordocegas , persoas Xordas e persoas Xordas Maiores, ainda que reducida polos recursos e a especificidade das persoas que deben desenvolvelo (persoas conocedoras da LSE).
        
          A quen vai dirixida:
          
        A persoas Xordocegas , persoas Xordas en situación de aillamento Social e persoas Xordas Maiores de toda Galicia.
        
          Quen pode colaborar:
          
        Persoas Xordas ou oíntes maiores de idade que teñan coñecementos de Lingua de Signos Española e sistemas alternativos de comunicación (dactilolóxico en palma,Lingua de Signos Apoiada, etc) Voluntarios/as participativos/as, empáticos/as e motivados/as pola actividade que levamos a cabo, que teñan dispoñibilidade mínima de 3 meses e un servizo mensual.
        Poboación destinataria segundo segmento de idade
          Infantil
          Xuvenil
          Adulta
          Maior
              Poboación destinataria segundo sexo
          Mulleres
          Homes
              Áreas de intervención
          Vol. e Inclusión social
          Vol. e autonomía persoal
              Ámbitos do voluntariado
          Entidades de iniciativa social e voluntariado
              