Fundación ALDABA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Ecuador nº 41 - Entrechán
36203 - VIGO - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
Fundación Aldaba é unha entidade privada e sen ánimo de lucro, que nace en 1999 co propósito de contribuir á mellora social e ao desenvolvemento e promoción da autonomía das persoas mais vulnerables.
Centramos a nosa actividade na atención á aquelas persoas cuxa autonomía está máis limitada e, particularmente:
- ao apoio ás persoas adultas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica
- á protección da infancia en risco
- á promoción social de persoas con discapacidade.
En Aldaba velamos polo benestar de todas as persoas. Queremos protexer e coidar aos máis vulnerables.
- A persoas adultas curateladas pola Funga
- A persoas con discapacidade en situación de vulnerabilidade e/ou dependencia.
- A nenos, nenas e adolescentes con medidas de protección pola Xunta de Galicia.
- A unidades familiares e nenos, nenas ou adolescentes en procesos de acollemento familiar.
Persoas con sensibilidade coa defensa dos dereitos das persoas en situación de vulnerabilidade. Capacidade de empatía, actitude positiva e implicación no traballo con estes colectivos.
Persoas con certificado negativo de delitos de natureza sexual.
