
ASOCIACIÓN APES, PARA A PREVENCIÓN E A EDUCACIÓN SOCIAL
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Rúa Marcelo Macías nº26 baixo
32005 - OURENSE - OURENSE
INFORMACIÓN
A Asociación para a Prevención e a Educación Social é unha entidade que ten como obxectivos o desenvolvemento socioeducativo de persoas que se atopan nalguna situación de dificultade social (desemprego, exclusión, pobreza, victimización). A promoción e apoio das persoas para potenciar a integración laboral e a participación social na comunidade. De forma especial, a atención aos comportamentos predelictivos e delictivos; asistindo a persoas reclusas e exreclusas no proceso de reinserción social e laboral para a súa rehabilitación social en colaboración con institucións penitenciarias e deseñando estratexias de protección da infancia e a xuventude ante condutas de risco.
Persoas que pola súa formación (psicoloxía, educación social, traballo social, psicopedagoxía, integración social,criminoloxía, etc), experiencia ou coñecementos, teñan interese en traballar na prevención da delincuencia e as conductas asociadas. Desenvolvendo actividades dentro de prisión, en centros escolares e en materia de emprego.