
ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE PERSONAS CON ALZHEIMER Y OTRAS DEMENCIAS, AFA VIVEIRO
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
AVDA DE CERVANTES S/N - CLAUSTROS DE SAN FRANCISCO , PLANTA BAIXA
27850 - VIVEIRO - LUGO
INFORMACIÓN
AFA Viveiro nace no 2005 pola necesidade dun grupo de familiares de enfermos de recibir información e apoio nunha época na que a enfermidade de Alzhéimer vai en aumento.
A poboación destino de traballo de dita asociación está ubicada no Concello de Viveiro e concellos limítrofes.
O traballo que se realiza dende a Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Viveiro está destinado a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzhéimer que residen no Concello de Viveiro e arredores, así como a das súas familias, proporcionando un respiro familiar.
Esta asociación conta con obxectivos a cubrir; entre os que están:
Manter nos usuarios desta asociación o maior grao de autonomía persoal, así como conservar o maior tempo posible as funcións cognitivas superiores conservadas e mellorar as deterioradas.
Evitar o illamento do enfermo potenciando as relacións e actividades sociais gratificantes.
Familiares e persoas con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas
Calquera persoa que se queira comprometer a apoiarnos nos nosos programas dirixidos ós usuarios/as e ós seus coidadores/as no entorno.