
ARQUITECTURA SIN FRONTERAS ESPAÑA - DEMARCACIÓN GALICIA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
E.T.S. ARQUITECTURA - CAMPUS DA ZAPATEIRA S/N
15008 - A CORUÑA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
Dende 1992, data da súa fundación, ASF-E propúxose cos seus proxectos promover un desenrolo non dependente, participativo e sostible naquelas comunidades máis desfavorecidas dos chamados tercer e cuarto mundo. En ASF pensamos que o sector da arquitectura e da construcción teñen unha responsabilidade social cos sectores máis débiles da nosa sociedade. Conscientes do potencial que ten a nosa profesión á hora de mellorar a calidade de vida das poboacións máis desfavorecidas, apostamos pola cooperación para ó desenrolo de infraestructuras básicas, sexan vivendas, escolas, centros de saúde, ou servizos básicos como o suministro de auga potable ou o saneamento. O noso ámbito fundamental de intervención é América do Sur (rexión Andina), América Central, o Caribe, África Subsahariana e España.
Ademais do traballo realizado a través dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento, ASF tamén desenvolve a súa labor nos campos da denuncia social, a formación e a sensibilización da sociedade. Por iso en Galicia hai cinco grupos Traballo onde desenvolver a acción voluntaria: o de cooperación local, que da seguimento aos proxectos de sensibilización e de denuncia na cidade de A Coruña e arredores, actualmente desenvolvendo un proxecto de erradicación do chabolismo, o grupo de cooperación internacional, neste momento adicado diversos proxectos en Guatemala - vivenda saúdable, equipamentos educativos e sanitarios, xestión social-, que son e foron financiados entre outros pola Xunta de Galicia, AECID, Fondo Galego, Fundación Roviralta. Pou outra banda o Grupo de Comunicación, que centra os seus esforzos na mellora comunicativa na difución das actividades de ASF Galicia a través das redes sociais. O grupo de Traballo de Educación para o Desenvolvemento, en torno a sensibiliación e formación no ámbito educativo sobre o dereito ó hábitat adecuado e inclusivo; e o grupo de Voluntariado e Formación onde dar seguimento e promover accións formativas as persoas voluntarias da organización.
Aínda que a maioría dos membros de ASF-E teñen formación no ámbito da arquitectura, na organización está á participar diversas disciplinas - educación social, terapia ocupacional, socioloxía, traballo social, psicoloxía- onde conflue unha visión transdisciplinar. Por iso está aberta a colabaración dende diversas ópticas en prol dos nosos obxectivos e que teña ganas de colaborar, cada un no que poida. O compromiso sostido, e a través de diversos xeitos de colaborar, ben a través de proxectos concretos ou máis xenérica nos grupos de traballo existentes.