
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DO CAMIÑO, APACA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
Lugar de Sebe, 84
15886 - Teo - A CORUÑA
INFORMACIÓN
A Asociación Protectora Animais do Camiño, APACA, é unha entidade sen ánimo de lucro constituida en 2015 na localidade de Arzúa, de ámbeto autonómico e que centra a súa actividade na protección dos animais no Camiño de Santiago. Os fins da asociación son, entre outros, os seguintes: - Fomentar a tenencia responsable dos animais de compañía. - A protección e o coidado dos animais domésticos ? que se atopen ao longo do Camiño de Santiago? - Velar polo cumprimiento da lexislación existente en materia de protección animal - Desenvolver a sensibilidade e o coñecemento dos animais. - Fomentar a educación, información, concienciación?dos animais. - A normalización da convivencia cos animais de compañía como membros das familias? - A promoción dun Camiño de Santiago ético e respetuoso co medio ambiente en xeral, especialmente cos animais. A mellora do medio ambiente nas rutas Xacobeas. - O fomento dos valores do Camiño de Santiago, especialmente, os de solidariedade, paz, compaixón, sensibilidade, espiritualidade e hospitalidade. - A mellora da seguridade vial e da seguridade das persoas usuarias do Camiño de Santiago, a través da retirada e control de animais abandonados ou perdidos nestas rutas e das actividades de prevención do abandono, dentro do ámbito de actuación. - A promoción e o fomento da realización do Camiño de Santiago con can/cadela. Actualmente mantemos sete áreas de traballo diferenciadas: 1º- ÁREA ASISTENCIAL: A área asistencial ten como obxectivo principal Rescatar, Coidar e Rehubicar aos animais de compañía (especialmente cans/cadelas) perdidos, abandonados, feridos ou en perigo no Camiño de Santiago. Recollemos ao animais daqueles Concellos cos que temos algún tipo de acordo e tamén puntualmente daqueloutros da nosa área de influencia cos que non o temos e nos que se produce unha desatención absoluta da responsabilidade municipal en canto a protección dos animais de compañía non dispoñendo de ningún servizo de recollida, atención ou garda dos mesmos. Auxiliámolos cando se atopan en situación de extrema gravedade con perigo inminente para a súa vida, o que para nós non é unha obriga moral, ética e legal. Traballamos en base a unha rede de casas de acollida e demandamos o correspondente apoio institucional (ou privado) para a implantación dun Refuxio ou Centrode recollida para os animais do Camiño. Coa recollida dos animais abandonados ou en perigo das rúas cumprimos os seguintes obxectivos: - Protección dos animais en xeral e dos de compañía en particular. - Contribuir a conseguir un Camiño de Santiago ético e respetuoso con todos os seres. - Axudar á vecindade e a peregrinas a atopar os seus cans/cadelas extraviadas. - Evitar as incomodidades que provocan a camiñantes, comerciantes e vecindade os animáis abandonados ou perdidos na ruta Xacobea. Cada ano asistimos directamene a unha media de 120 animais. E axudamos a rescatar e atopar casa a moitos outros máis de forma indirecta (vía asesoramento e xestións telefónicas e por redes sociais ou por mediación da protectora en algúns casos) Unha vez que o animal está recuperado das súas feridas e traumas máis graves, de se-lo caso, e pasado o prazo legalmente establecido, ponse en adopción. Para as adopcións temos un extricto protocolo de entrevistas e control da idoniedade da familia para o animal, e viceversa, que pretende evitar erros que poidan rematar coa volta do can ou cadela á protectora, co empeoramento de carácter ou traumas, ou incluso con novas sitaucións de maltratos dos animais. 2º- ÁREA DE SENSIBILIZACIÓN e DIVULGACIÓN A área de sensibilización e divulgación baséase na articulación dunha serie de actividades públicas que fomenten a tenza responsable, de prevención do maltrato e a violencia, e de contribución a unha sociedade máis dogfriendly. Os obxectivos principais concretos son: - Fomento da tenza responsable - Prevención do maltrato e da violencia. - Prevención do abandono. - Fomento dunha sociedade máis dogfriendly e amable cos animais. - Fomento e normalización da convivencia entre persoas e animais. - Fomento do civismo. - Fomento do cumprimento da lexislación vixente en materia animais de compaña. - Fomento dun Camiño de Santiago máis ético e respetuoso cos animais; fomento dos valores do Camiño. - Dar a coñecer a nosa entidade - Nesta área realizamos actividades como as seguintes: - Charlas, conferencias, coloquios, encontros? - Campañas de sensibilización no Camiño de Santiago. - Campañas de esterilización entre a veciñanza. - Entrevistas nos medios de comunicación e participación nos programas aos que nos conviden. (todos os actos ou eventos son comunicados á prensa) - Cursos e obradoiros sobre etoloxía animal. - Participación en actividades educativas nos colexios. - Colocación de paneles informativos sobre protocolo de actuación no caso de atoparse animais soltos ou en perigo no Camiño de Santiago - Edición e reparto de material gráfico divulgativo (folletos, pegatinas, cartaces) - Creación e mantemento de páxina web. - Creación e mantemento de perfiles e páxinas en redes sociais e difusión permanente a través das mesmas. 3º AREA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMIENTO. Servizo de información, orientación e asesoramento á veciñanza e a peregrinos en diferentes situacións nas que interveña ou estexa presente un animal. As actuacións concretas para calquera persoa que así o solicite, son as seguinte: - Información directa en materia de normativa legal sobre protección de animais. Orientamos ou/e asesoramos para cada caso concreto que poida necesitar a persoa demandante. - Información, orientación e asesoramento no caso de atopar ou de ter un animal necesitado ou en perigo. Por exemplo, abandonos, atropelos, perdas, maltratos, etc. - Información e orientación sobre etoloxía animal e sobre boas práxis de actuación para mellorar a convivencia coas compañeiros caninos ou felinos. - Información e orientación en casos de saúde dos animais dirixíndoos a especialistas adecuados, de selo caso. Os obxectivos desta área son os seguintes: - Axudar aos animais perdidos, abandonados, feridos ou en peligro. - Empoderar á poboación sobre o mellor proceder no caso de atopar un animal nestas circunstancias. - Axudar ás persoas que queren axudar aos animais. - Contribuir a construir un Camiño de Santiago máis ético e solidario e mellorar a súa imaxe. - Reducir os accidentes de tráfico. - Axudar á poboación local a recuperar os seus animais perdidos. - Conciliación entre veciñanza e evitación de conflictos por mor dos animales en peligro. - Axudar ás administracións locais coa súa responsabilidade de atención e protección dos animais de compañía. - Axudar a desafogar teléfonos como o de emerxencias, redirecionando en cada caso da mellor maneira. 4º- AREA DE SERVIZOS A PEREGRINAS Posta en marcha dunha serie de iniciativas que teñen como obxectivo o fomento da peregrinación con cadela/can e o apoio ás/aos peRRegrinas/os. Trátase de iniciativas integradoras que teñen como obxectivo non só axudar ás persoas peregrinas e aos seus cans, senón tamén promover a normalización da convivencia cos compañeiros de catro patas. Obxectivos concretos: - Normalización da convivencia dos animais coma membros de dereito das nosas familias, especialmente no ámbeto do Camiño de Santiago. - Axuda ás persoas que convivan con cans e queiran viaxar ou disfrutar dun viaxe ou vacacións cos seus animais. - Axudar a que a peregrinación con can sexa exitosa e digna. Servizos que se prestan: - Edicción e reparto da Credencial Canina e emisión da Compostela Canina á chegada dos/as perrreginos/as a Santiago, co correspondente recibimento sempre persoalizado. - Accións concretas que persigan a mellora dos servizos a perregrinos, como a apertura de novos establecementos dogfriendly ou a eliminación da prohibición da entrada dos cans a diferentes lugares públicos ou privados de interese para as peregrinas. -Apoio ás peregrinas que queren iniciar a peregrinación a Santiago acompañadas dos seus compañeiros caninos. Apoio tamén durante a peregrinación. -Información á persoa peregrina sobre servizos para perregrinos, como establecementos que permitan o acceso e pernoctación con can, medios de transporte, acceso a lugares públicos ou alternativas de gardería para deixar o can/cadela namentres se . 5º- AREA DE INVESTIGACIÓN Realización dunha serie de estudos e pesquisas que teñen como finalidade obtención de datos para análisis da realidade e necesidades sociais - animais, e así definir as actuacións e actividades máis adecuadas para a consecución dos fins xerais da asociación. Como obxectivos concretos, os seguintes: - Extraer estadísticas e datos reais sobre o nº de animais de compaña no Camiño de Santiago e en Galicia en Xeral - Extraer estadísticas e datos reais sobre a vida e a morte dos animais de compañía nas casas. - Obtención de datos sobre o nº de cans e gatos esterilizados nas zonas rurais e no Camiño de Santiago - Obter datos e coñecer a opinión das persoas peregrinas sobre o estado dos animais da veciñanza en Galicia. - Obter datos sobre o maltrato e o abandono no Camiño de Santiago no rural galego. - Aproveitar as campañas de investigación para contactar coa veciñanza e, no seu caso, informarlles, orientarlles e asesorarlles en materia de benestar animal e obrigas como responsables. - Obtención de datos e opinión das persoas peRRegrinas en canto aos servizos para eles e os seus cans no Camiño de Santiago; tanto cuantitativa como cualitativamente Exemplos de actuacións levadas a cavo ata o momento: - Enquisas a poboación en xeral sobre os seus animais. - Enquisas a peRRegrinos sobre os servizos que para eles atoparon na súa peregrinaxe. - Enquisas a peregrinos en xeral sobre o estado dos animais da veciñanza. - Estudo sobre o destino dos animais que saen en adopcións ao extranxeiro 6º- ÁREA REIVINDICATIVA, DE DENUNCIA E POLÍTICA Realización de actividades e actos para velar polo cumprimento da lexislación Vixente en materia de protección animal, dando así cumprimento á principal obriga que temos como asociación protectora de animais. Por tanto, creamos esta área para: - Mediar ou intervir en casos de maltrato, denunciando ás autoridades competentes de selo caso. - Presionar e reivindicar o cumprimento da lexislación vixente en materia de protección animal ás administracións competentes, especialmente ás municipais, pero tamén a aqueloutras superiores. - Negociar coas diferentes administracións e axentes políticos, sociais e empresariais para conseguir melloras nos servizos aos animais necesitados, por exemplo, actualmente, estamos a loitar pola consecución dun Refuxio ético para os animais abandonados no Camiño de Santiago na provincia de A Coruña. - Denunciar nos medios de comunicación casos graves ou chamativos de maltrato de persoas, ou casos de desatención absoluta por parte de Administracións. - Reivindicar melloras concretas, como por exemplo, as reivindicacións realizadas no 2018 no Vaticano e en Galicia para conseguir acceso e servizos a perregrinos.
- Á sociedade Dogfriendly. - Persoas sensibilizadas ou comprometidas cos animais. - Usuarios ou amig@s do Camiño de Santiago. - Persoas que desexen un rural mais cívico, respetuoso e no que poidamos convivir todos os seres. - Persoas que desexen involucrarse na participación cidadá en calquera das nosas áreas de traballo
Calquera persoa maior de 18 anos que cumpran co seguinte perfil (ou parte do mesmo): - Espíritu solidario/a e comprometido; ? Ter interese por mellorar a sociedade activamente; ? Querer coñecer a outras persoas que compartan as mesmas inquedanzas. ? Ser responsable.