ASOCIACIÓN GRUPO SCOUT ILEX

Representante legal: Xulio López Pérez
C.I.F: G32466187
Coordinador técnico: Xulio López Pérez

CONTACTO

Enderezo:
Rúa Pena Trevinca, 32 baixo
32005 - Ourense - OURENSE
Teléfono: 688940695 Móbil:
Fax:
Email: ilex695@scout.es
Nº de voluntarios: 25

INFORMACIÓN

Quen somos:

Definímonos como unha entidade independente, formada libremente por persoas moi heteroxéneas pero ás que nos une un ideal educativo que busca favorecer o desenvolvemento do espírito crítico no proceso de crecemento persoal das mozas e mozos cos que traballamos, facendo deles mellores persoas, activas e coa ambición de contribuír a construír un mundo mellor.

Formamos parte da federación ASDE – Scouts de Galicia, que a súa vez forma parte de ASDE – Scouts de España mediante a que somos parte tamén da Organización Mundial do Movemento Scout, que da cobertura a máis de 50 millóns de scouts en activo no mundo sendo recoñecida pola ONU como a organización xuvenil máis extensa do mundo.

Somos totalmente independentes dos partidos políticos ou de calquera relixión ou igrexa, polo que nos definimos como un colectivo laico, aínda que somos absolutamente respectuosos coas crenzas persoais de calquera persoa que nunca serán un impedimento para participar plenamente no noso colectivo. Entendemos que a defensa do noso medio ambiente é unha obriga ineludible e facemos esta defensa extensiva á nosa cultura e á nosa lingua, e por suposto estamos fondamente comprometidas coas causas sociais, buscando sinerxias con outras entidades, públicas ou privadas, para brindarnos apoio mutuo na consecución dos obxectivos que compartamos.

A quen vai dirixida:

A rapazas e rapaces entre os 8 e os 21 anos.

Quen pode colaborar:

Pola natureza do noso traballo buscamos de xeito permanente xente para desempeñar funcións de monitor/a, aínda que eventualmente son moi benvidos xente para tarefas de apoio, especialmente en campamentos, como persoal sanitario, cociñeiros/as, deseñadores/as gráficos, etc.

Este é un voluntariado fascinante pero debes saber tamén que é bastante intensivo que require un compromiso regular no tempo. Por favor, le os requisitos e se estás interesada/o en recibir máis información cubre o seguinte FORMULARIO.

PERFIL E REQUISITOS

  • Ser maior de idade.
  • Compartir os contidos da nosa misión, visión e valores.
  • Dispor de motivación e tempo para participar dun xeito regular (se sequire unha media de 2 tardes de sábado ao mes) nas actividades coas nenas/os e para as reunións da equipa voluntaria.
  • Interese e sensibilidade para o traballo con menores e amosar unha actitude positiva e solidaria.
  • Aínda que non é imprescindible valorase a titulacións relacionadas co tempo libre ou a educación (animador/a sociocultural, monitor/a de tempo libre, director/a, TASOC, TAFAD, Educador/a Social, Mestre/a, Integrador/a Social, etc.

OFRECÉMOSCHE

A nivel persoal e social

  • Ser parte dunha equipa exclusivamente formada por persoas voluntarias, democrática e horizontal na toma de decisións do que serás parte dende o primeiro momento
  • Unha contorna moi alegre e agradable de traballo voluntario con nenos e nenas de Ourense e a súa contorna.
  • Integrarte nun proxecto asociativo fresco no que que queda moito por construír e no que estamos abertos a novas ideas e enfoques.
  • Un ambiente con moitas oportunidades para o crecemento persoal e onde poder ampliar a túa rede social con persoas con intereses semellantes aos teus
  • Ser parte do movemento de educación no tempo libre para infancia e mocidade máis grande do mundo, do que formamos parte miles de voluntarios e voluntarias en España e no que participan máis de decenas de miles de nenos/as, novos e adultos que conforman os trescentos grupos scouts que integran a nosa federación (ASDE).

A nivel académico

  • Temos convenio coa Universidade de Vigo para que o teu voluntariado scout compute como créditos de libre configuración.
  • certificación das competencias de interese profesional que irás adquirindo a través do sistema Reconoce, que ten o aval do Instituto de la Juventud, del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
  • Posibilidade de participar en cursos formativos recoñecidos oficialmente, como monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre.
  • Posibilidade de formar parte de redes e participar eventos scouts dende o nivel autonómico a internacional

Outras vantaxes e posibilidades

  • Durante as actividades, como nos campamentos, cubriremos os teus gastos de alimentación, aloxamento, e outros relacionados coa túa participación voluntaria.
  • Facilitámosche un polo como roupa de traballo e que empregamos como elemento de uniformidade.
  • Ser beneficiario dun sistema de becas no que estamos traballando e que estaría dentro do programa de proxectos de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia.
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Áreas de intervención
Vol. e infancia
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado