ASOCIACIÓN PROXECTO MÁSCARAS

Representante legal: Santiago González Iglesias
C.I.F: G70401518
Coordinador técnico: Isabel Iglesias

CONTACTO

Enderezo:
Rúa José Mª Hernansáez, 44 - 6
15009 - A CORUÑA - A CORUÑA
Teléfono: 981255317 Móbil: 622195832
Fax:
Email: asociacion@proxectomascaras.com
Nº de voluntarios: 8

INFORMACIÓN

Quen somos:
Partindo de que a Visión ten que definir o modelo de organización que se persigue e que a Misión é a razón de ser dunha organización, a Asociación Proxecto Máscaras toma como punto de partida os Valores desenvolvidos no contexto do Proxecto Máscaras, que deu lugar á película Máscaras, e do que toma o nome a Asociación e que se enfoca con especial incidencia nos seguintes fins e obxectivos:

- Impulsar e potenciar campañas de difusión social da película Máscaras e da experiencia dese proxecto, tanto a metodoloxía como as súas caves de desenvolvemento. - Desenvolver accións de asistencia e formación que potencien a visibilidade social das persoas e entidades que traballan no ámbito da integración, especialmente dos colectivos desfavorecidos. - Deseñar e impulsar novos proxectos audiovisuais, propios ou en colaboración con outras organizacións. - Elaborar contidos pedagóxicos e talleres para a ?integración pola naturalidade?. - Establecer diálogo con fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a integración, a diversidade e a participación cidadá. - Impulsar e colaborar en iniciativas que fomenten novos modelos de participación social e canles financeiras para a súa viabilidade, entre eles as microdonacións e o Mecenado. - Xerar acordos e alianzas entre os axentes sociais, privados e institucionais, co dobre obxectivo de establecer canles de entendemento e potenciar contidos reais para o impulso da Responsabilidade Social Corporativa. - Favorecer o desenvolvemento audiovisual e a innovación nos procesos de integración e voluntariado. - Optimizar a dotación e o uso das infraestruturas, instalacións, equipos e servizos precisos para o seu desenvolvemento.

A quen vai dirixida:
Mais que a colectivos vai dirixido a comunidades de aprendizaxe tendo como punto de partida os Valores aprendidos desde a experiencia:

- A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe. - A diferenza como principal valor para a riqueza da comunidade e da sociedade. - A diversidade como proceso para coñecer, aceptar e asumir as diferenzas. - A participación no espazo público como dereito, porque o que non se ve, non existe. - As excepcións e as boas prácticas como base para o aprendizaxe. - Os exemplos reais como punto de partida para a investigación social. - A potencia do audiovisual e o ocio como ferramenta para emocionar, dar voz, documentar, relatar, educar e contar historias.

Quen pode colaborar:
A nosa Visión defínese pola firme crenza de que educar é deixar espazo para coñecer... e para pensar, e para iso hai que poñer en primeira liña a potencia do audiovisual como ferramenta para contar esas realidades que xa existen pero que precisan ser narradas.
En liña con logros acadados desde a experiencia da película Máscara a Asociación ten por Misión:
O impulso e desenvolvemento de proxectos que, tomando como base a potencia do audiovisual, fomenten a educación e a participación como medida para a Innovación Social, a ruptura de estereotipos sobre a ?normalidade? e as capacidades das persoas, e a integración da diversidade no espazo público.
Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e autonomía persoal
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Admin. pública e voluntariado
Educación e voluntariado
Responsabilidade social corporativa