GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSIDADES
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
RUA DA CONGA ( CASA DA CUNCHA) Nº1 2 ANDAR
15704 - SANTIAGO - A CORUÑA
INFORMACIÓN
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) é unha asociación sen ánimo de lucro aberta e mundial de universidades, cuxo obxectivo global é facilitar e fomentar a cooperación no eido da educación superior coa finalidade de promover o patrimonio cultural que rodea o Camiño de Santiago, entendido como fenómeno social que ten contribuido decisivamente á definición do concepto e á natureza de Europa. O GCU ocúpase asemade da coordinación de diversas actividades no campo das relacións universitarias internacionais.
Á comunidade que conforma á rede: 65 universidades socias, 2 entidades asociadas e 8 asociacións colaboradoras en Europa, Asia e América, incluidas as universidades do Sistema Universitario de Galicia.
As convocatorias estarán abertas a diversos campos de estudo, traballo ou actuación para facer extensivo aos valores do voluntariado a todos sectores académicos, non so aos habituais das Ciencias Humanas e Sociais máis proclives á participación en accións voluntarias senón a tamén aos das áreas que sendo máis prácticas se identifiquen como menos propensos ou non-concienciados co voluntariado. Fomentarase a inclusión de participantes con diversidade funcional. Todos os voluntarios han de ser maiores de idade. No seu defecto contarán cun titor específico. Os voluntarios serán seleccionados conforme a criterios especificados en cada unha das convocatorias para as distintas accións que se lancen, que o serán sempre segundo os Dereitos e Liberdades constitucionais e o artigo 14 da Lei 45/2015, de 14 de outubro, de Voluntariado, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de sexo, identidade sexual, orientación sexual, nacionalidade, orixe racial ou étnica, relixión, conviccións ideolóxicas ou sindicais, discapacidade, idade, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, de acordo cos fins ou obxectivos da entidade, natureza e características do cometido a desenvolver e as normas establecidas no seu estatuto de funcionamento interno.