
ASOCIACIÓN AVELAIÑA
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ 2ª TRANSVERSAL, CORUTO VELLO 33 SALCIDOS
36789 - A GUARDA - PONTEVEDRA
INFORMACIÓN
Avelaíña é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores, profesionais e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde. Estamos presentes nas comarcas do Baixo Miño (sede A Guarda) , Val Miñor (sede Baiona), O Condado (sede Ponteareas) e A Paradanta (sede A Cañiza).
Traballamos con persoas con problemas de saúde mental ou con trastornos mentais crónicos que presentan unha gran necesidade de apoio no seu proceso de rehabilitación e de integración na comunidade. As dificultades de integración no medio débense tanto á enfermidade que padecen (con forte estigma social), como á súa tendencia ao illamento e as dificultades que presenta o entorno social. As características de cada trastorno e de cada caso concreto son múltiples e moi variadas, pero o que é común a todas as patoloxías mentais é que afectan tanto de xeito individual coma social. O malestar e o deterioro producido por estas poden afectar a tódalas áreas vitais da persoa (laboral, social, persoal, familiar, etc.) polo que o tratamento debe ser contemplado de modo integral. Consideramos que a participación do voluntariado e a sensibilización da comunidade cara ós problemas de saúde mental contribuirá a ampliar o coñecemento e reducir o estigma social, ademais de ser unha poderosa ferramenta de cambio e fomento da participación activa da comunidade no movemento asociativo.
En xeral, poderá ser persoa voluntaria en Avelaíña quen:
- Teña idade igual ou superior a 18 anos.
- Posúa dispoñibilidade para o aprendizaxe e realización das tarefas da acción voluntaria dentro dun proxecto específico
- Conte coa estabilidade emocional, responsabilidade e compromiso adecuados para o desenvolvemento da acción voluntaria.
- Asuma un compromiso de regularidade na prestación da colaboración.
- Consiga harmonizar a práctica do voluntariado cós valores, obxectivos e misión da asociación.