ASOCIACIÓN DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS, AFAN
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
R/ Rosalía de Castro s/n (Casa do Mar)
27880 - BURELA - LUGO
INFORMACIÓN
AFAN Burela é una asociación sen ánimo de lucro que xorde no ano 2013 para dar resposta ás necesidades dos familiares e enfermos de Alzheimer. O seu ámbito de actuación abrangue a Mariña Central e Oriental, aínda que a súa sede atópase en Burela, onde ofrece un Servizo Específico de Estimulación Terapéutica para persoas con estas doenzas ao mesmo tempo que proporciona un respiro aos seus familiares coidadores.
MISIÓN
Proporcionar un tratamento integral a persoas con Alzheimer ou outras demencias a través de diferentes servizos e programas co fin de mellorar a calidade de vida de todo o núcleo familiar.
VISIÓN
AFAN Burela traballa para ser un referente no seu ámbito de actuación ofrecendo unha atención e servizos de calidade.
VALORES
Solidaridade, respeto á dignidade das persoas enfermas, atención centrada na persoa, empatía, profesionalidade, transparencia e compromiso social.
A actividade da asociación está dirixida ás persoas que teñen algún tipo de demencia así como aos seus familiares e coidadores.
Calquera persoa que desexe adicarnos un pouco do seu tempo libre e darnos o seu apoio nos programas dirixidos a enfermos de Alzheimer e as súas familias.