ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS DE ACOLLIDA ACOUGO

Representante legal: Rebeca Pereira Ferron
C.I.F: G70605530
Coordinador técnico: Natalia Gómez Bayón

CONTACTO

Enderezo:
Rúa Manuel María, 6, 3º porta 3
15705 - Santiago de Compostela - A CORUÑA
Teléfono: Móbil: 687861741
Fax:
Email: info@acougo.gal
Nº de voluntarios: 50

INFORMACIÓN

Quen somos:

A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, nace das necesidades dun grupo de familias que queremos involucrarnos en maior medida na defensa dos dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección público. Por isto acordamos asociarnos e así establecer un marco organizado e formal para colaborar e apoiar á Administración pública e a outras entidades integrantes da rede formal de protección que traballa en prol dos nenos, nenas e adolescentes. Todas e cada unha das partes integrantes neste sistema son necesarias para velar polos dereitos e intereses das persoas en xeral, e das máis vulnerables, en particular.

Vivir en familia non só é un dereito fundamental, senón tamén, o xeito máis eficaz de garantir o adecuado desenvolvemento da infancia e a adolescencia e a satisfacción das súas necesidades”. Ter experiencias de vida familiar tamén contribúe de xeito positivo no desenvolvemento social e afectivo das crianzas e adolescentes.

 

A quen vai dirixida:

A todo aquel que queira transmitir de xeito efectivo os fins e valores de Acougo.

Definir e consolidar programas de participación de voluntariado para dar respostas ás necesidades sociais.

Fortalecer o traballo de Acougo sobre o acollemento familiar a través do voluntariado.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa maior de 16 anos que queira dedicar parte do seu tempo a:

.-Difundir o acollemento familiar como a mellor medida do sistema de protección.

.-Acompañar aos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección na realización de actividades de ocio positivas, socializadoras e saudables.

.-Apoiar as familias acolledoras e de orixe nos proyectos propostos dende Acougo.

 

Consideramos como principios básicos, no desenvolvemento da actividade do voluntariado:

▪ Participación: as persoas voluntarias deben participar activamente, nas actividades propias asignadas, na súa organización e na avaliación das mesmas.

▪ Compromiso: as persoas voluntarias deben estar comprometidas cos fins e obxectivos da nosa entidade.

▪ Motivación: as persoas voluntarias deben estar motivadas para poder participar nas nosas actividades.

▪ Dispoñibilidade: as persoas voluntarias deben ter unha adecuada dedicación en base ao acordado no compromiso inicial.

▪ Capacitación: realizaremos a formación básica e continuada que consideramos imprescindible para o desenvolvemento das actividades coa maior calidade posible.

Poboación destinataria segundo segmento de idade
Infantil
Xuvenil
Adulta
Maior
Poboación destinataria segundo sexo
Mulleres
Homes
Áreas de intervención
Vol. e Inclusión social
Vol. e infancia
Vol. e cooperación
Ámbitos do voluntariado
Entidades de iniciativa social e voluntariado
Educación e voluntariado
Responsabilidade social corporativa