ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS DE ACOLLIDA ACOUGO

Representante legal: Rebeca Pereira Ferron
C.I.F: G70605530
Coordinador técnico: Natalia Gómez Bayón
OCIO POSITIVO PARA CRIANZAS E ADOLESCENTES DO SISTEMA DE PROTECCIÓN
Acompañar na realización de actividades de “Ocio Positivo” con crianzas e adolescentes conviven en acollemento familiar e residencial. Segundo o informe dos datos estatísticos de medidas de protección á infancia do ano 2021 emitido polo Observatorio da Infancia do Ministerio de Derechos Sociales podemos observar que nos centros residenciais o 70% son adolescentes maiores de 10 anos, sendo nesta etapa da vida na que a interacción social e o ocio positivo e fundamental para un axeitado desenvolvemento persoal. É importante ofrecer alternativas de ocio para o tempo de lecer das crianzas e adolescentes que resulten actividades positivas, socializadoras e saudables. O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!! Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741
PROGRAMA DE DIFUSIÓN,COMUNICACIÓN E SENSIBILIZACIÓN
• Participar nas accións de difusión, nas que o equipo profesional de Acougo transmite á sociedade o que é o acollemento familiar e como funciona. • Colaborar na organización dos diferentes eventos para sensibilizar en materia de acollemento familiar. • Apoiar no programa “Acollendo o Acollemento”, de sensibilización en centros escolares. • Compartir o contido das nosas redes sociais para chegar a máis xente. O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!! Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741
XESTIÓN DO BANCO DE ROUPA E RECURSOS
Axudar a xestionar o banco recursos para as familias acolledoras e de orixe .Recepción da roupa, calzado e enseres de puericultura e xoguetes. Clasificación e preparación para a súa entrega ás persoas que necesiten e soliciten. Hoxe en día a maioría das familias teñen limitados os recursos económicos e o espazo físico nos seus fogares, o que dificulta a adquisición e o almacenamento no fogar da roupa e outros enseres necesarios para a crianza dos nenos, nenas e adolescentes que están ao coidado das familias acolledoras e de orixe. Moita da roupa e enseres que se necesita para a crianza queda en bo estado despois do seu primeiro uso e é necesario a intermediación para seguir usandoa. A moda é responsable do 10% de tódalas emisións de CO2 . En España tíranse 325.000 toneladas de roupa ao ano, segundo Greenpeace, estendendo a súa vida útil dous anos, redúcense as emisións nun 14%. ACOUGO pretende alentar a cultura do reutilizar. A corrente DIY (siglas da expresión inglesa “Do It Yourself”) pretende reducir o consumo, reutilizando as cousas que temos no fogar, dándolles outra vida e compartíndoas, xa que doutro modo irían para o lixo. O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!! Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741
CONCILIACIÓN
Realizar as actividades de conciliación familiar cos nenos e nenas de xeito paralelo á realización de encontros, eventos, asambleas... para as familias das crianzas e adolescentes que están no sistema de protección, para as familias acolledoras e para todas as persoas interesadas no acollemento familiar. As familias son a base da sociedade para o crecemento e benestar dos nenos e nenas. A conciliación permite manter o equilibrio entre as actividades e obrigas dos adultos e o axeitado coidado das crianzas e adolescentes. O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!! Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741
APOIO A CRIANZAS E ADOLESCENTES DO SISTEMA DE PROTECCIÓN “ACOMPAÑAMENTO EN ENCONTROS ENTRE IRMÁS E IRMÁNS”
Acompañar aos nenos, nenas e adolescentes que son irmáns e irmás é conviven en diferentes familias acolledoras ou centros residenciais en contactos entre eles. Segundo a lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, as persoas menores de idade teñen dereito a conservar os vínculos afectivos cos seus irmáns e irmás e, a tal fin, a Administración da Xunta de Galicia procurará que todos eles sexan acollidos ou adoptados por unha mesma persoa ou familia e, en caso de separación, tratará de facilitar a relación entre eles e elas. A realidade é que existen moitas situacións de nenos, nenas e adolescentes nesta situación que conviven en diferentes familias ou centros residenciais supoñéndolles unha gran dificultade ás familias acolledoras realizar eses contactos entre familiares coa frecuencia óptima e en lugares axeitados. Con este proyecto queremos facilitar as crianzas e adolescentes do sistema de protección estes encontros e enriquecelos con alternativas de ocio positivas, socializadoras e saudables. O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!! Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741