XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2021
XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2021
O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal. Con esta finalidade ofértanse 526 prazas, 246 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e 280 na de Panxón en Nigrán (Pontevedra)
O programa desenvolverase nas datas comprendidas entre o 22 de decembro de 2021 e o 7 de xaneiro de 2022, e as persoas maiores terán aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, en habitación compartida, durante os días que dura o programa.
“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa de ambos departamentos que se pon en marcha coa pretensión de que todo aquel/a que así o desexe poida acudir a estas residencias como voluntario/a, e prestar o seu apoio e colaboración nas actividades que nelas se organicen nesas datas, así como ofrecer a súa compaña ás persoas maiores que alí se atopen.
As persoas voluntarias que participen estarán cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado .
Os gastos de desprazamento das persoas voluntarias dende o seu domicilio ata a residencia que elixan, son pola súa conta.
Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inscribirá de oficio a experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Se estás interesado/a en pasar este Nadal coas persoas que acudan a estas residencias cubre o formulario de inscrición que atoparás a continuación.
O prazo de inscrición remata o 07 de decembro.

