No curso 2019-2020, unificamos, dentro do Plan Proxecta, todas as accións vinculadas ao ámbito da acción voluntaria que temos desde a Consellería de Política Social baixo a denominación Voluntariado Educativo. Con esta medida buscamos concentrar e favorecer a creación dun itinerario formativo completo neste ámbito, coa finalidade de promover os valores da solidariedade, a participación e o voluntariado, favorecendo que o alumnado adquira un compromiso e implicación social a través dunha metodoloxía activa e participativa, coñecedora da realidade na que se integra.