VOLUNTARIADO MIÚDO

VOLUNTARIADO MIÚDO

A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado puxo en marcha no ano 2016 un novo programa de voluntariado na educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

O proxecto VOLUNTARIADO MIÚDO pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.

Os obxectivos principais do programa son:

  • A inmersión nos valores solidarios e na acción voluntaria dende o comezo da etapa educativa obrigatoria.
  • O traballo dos valores solidarios dende un contexto lúdico empregando a música como un mecanismo motivacional.

Co fin de acadar os obxectivos propostos deseñouse un proxecto en base á canción “Móvete” de Paco Nogueiras, canción que se empregará como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que servirá de reforzo aos nenos e nenas implicados.

Os centros que participan este curso 2025-2026 no programa son:

NOME DO CENTRO LOCALIDADE
CEIP Juan Fernández Latorre A Coruña
CEIP Plurilingüe Os Casais Fene
CPI Plurilingüe Cernadas de Castro Coles
CPR Plurilingüe Luís Vives Ourense
CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús Ourense
CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo Cee
CEIP Mestre Valverde Mayo Mos
CEIP Plurilingüe A Gándara Monforte de Lemos
CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo O Carballiño
CPI da Cañiza A Cañiza
CEIP San Tomé Taboada
CEIP Padre Feijoo Allariz
EEI Rúa Hernán Cortés Vigo