XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2024
XUNTOS E VOLUNTARIOS NO NADAL 2024
A Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, colabora novamente coa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Igualdade no programa “Xuntos polo Nadal” que organiza esta última.
O obxectivo deste programa é que as persoas maiores que vivan soas poidan pasar acompañadas as festas do Nadal.
A convocatoria de 2024 conta con 270 prazas repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Igualdade:
1. A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para as persoas solicitantes de A Coruña e Ourense.
2. A residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, con 130 prazas para as persoas solicitantes de Pontevedra e Lugo.
Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro.
“Xuntos e Voluntarios no Nadal” é unha iniciativa que ademais de estar aberta a persoas usuarias maiores, tamén favorece a participación de persoas voluntarias, que baixo a supervisión da persoa coordinadora, poderán apoiar, colaborar e acompañar ás persoas maiores nas actividades que se leven a cabo na residencia durante a duración do programa, estando cubertas pola póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil que ten subscrita a Dirección Xeral de Xuventude.
Os gastos de desprazamento das persoas voluntarias dende o seu domicilio ata a residencia que elixan, son pola súa conta.
A posibilidade de pernoitar no caso de estar interesadas, estará supeditada a que, unha vez adxudicadas as prazas, queden cuartos libres na residencia.
Ao finalizar a súa acción voluntaria, a Dirección Xeral de Xuventude inscribirá de oficio a experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
As persoas voluntarias interesadas en participar neste programa poden inscribirse na web de voluntariado galego www.voluntariadogalego.org, a través do formulario que atoparás premendo nesta ligazón.
Inscrición pechada.
 
 