ASOCIACIÓN AMIGAS DA TERRA

Representante legal: María Durán Beloso
C.I.F: G32242422
Coordinador técnico: Angel Dorrío
voluntariado ambiental
Eres estudante, docente ou investigador na USC ou na UVigo? Preocúpache o medio ambiente, a sustentabilidade e a problemática dos residuos? Gustaríache coñecer xente, intercambiar ideas e descubrir novas experiencias? Se a resposta é si, en Amigos da Terra queremos contar contigo. Que? Proxecto de voluntariado ambiental para identificar e deseñar propostas de actuación para a redución de residuos (especialmente os plásticos) Donde? Nas universidades de Vigo (UVigo) e Santiago (USC), nos campus de Pontevedra, Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e Lugo. Cando? Ata finalización do curso e posibilidade de continuar no vindeiro Como? O proxecto divídese nas seguintes fases: Creación dun grupo de voluntariado intercampus Asistencia a formacións sobre o concepto Residuo Cero e encontros con experiencias nacionais e internacionais inspiradoras. Realización dun diagnóstico da realidade actual nos campus Laboratorio de ideas para a definición de accións Para quen? Para toda a comunidade universitaria preocupada polo medio ambiente Para participar ou saber máis, contacta con nós a través do correo voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou no teléfono/whatsApp 671 865 839. O prazo para as solicitudes remata o 5 de abril.
Voluntariado Forestal
Nestes momentos onde a provincia de Ourense voltou sufrir unha nova vaga de lumes é necesario máis que nunca reclamar, unha vez máis, un cambio na política e xestión forestal. Ao igual que está pasando na provincia este verán, no 2017 o monte desta aldea ourensana foi unha dos afectados pola vaga de lumes que devastaron milleiros de hectáreas en Galicia. Dende entón estamos a levar accións de restauración, plantación e conservación do monte autóctono para chamar a atención sobre a problemática dos incendios forestais. Estes son consecuencia da nefasta xestión forestal e o abandono do noso rural, que se ven agravados polos efectos do cambio climático. Por este motivo, esta actividade está dentro do programa que, polo 25 de setembro, se realizan a nivel mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galiza, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises!, que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro, á que nos sumamos desde Amigos da Terra. O domingo 27 quedaremos no aparcadoiro de Tourón ás 11:00 para a continuación subir ás zonas restauradas a facer labores de mantemento das plantacións de frondosas (desbroce manual de maleza, retirada de tutores, marcado de marras, etc). A actividade finalizará sobre as 13:30. Para garantir a seguridade e saúde das persoas asistentes levaranse a cabo as recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades adaptadas á situación derivada da crise sanitaria do Covid-19 da Xunta de Galicia e será imprescindible inscribirse previamente á actividade no seguinte formulario>> https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdG6OHlb1Xnt637gp4xzisK8EUcdmc1sjk-vepy5KSMBjEONw/viewform Unha vez realizada a inscrición nos poñeremos en contacto con vós para pasarvos máis información detallada sobre a actividade.