
ASPERGA, ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER
- Presentación
- Demanda de voluntarios
CONTACTO
A CORUÑA: Avd. de Oza, N.º 240 – Baixo, 1 A B. SANTIAGO: Avd. de Castelao, N.º 48 - Baixo
15004 - A CORUÑA - A CORUÑA
INFORMACIÓN
ASPERGA (Asociación Galega de Asperger) nace no 2006, ano no que comezamos a tecer, dentro do ámbito do TEA, unha rede de familias e persoas coa Síndrome de Asperger co obxectivo de lograr a mellora da súa calidade de vida e un futuro de plena inclusión social.
Actualmente temos dous centros sociosaniatrios, un na cidade de A Coruña e outro na cidade de Santiago de Compostela. Desde estes centros, equipos multidisciplinares de profesionais especialistas en TEA (de áreas da Psicoloxía, Logopedia, Terapia Ocupacional, Pedagoxía, Traballo Social, Orientación Laboral, Lecer e Tempo libre) proporcionan atención especializada e orientación ás persoas afectadas por trastorno do espectro autista (TEA) e ás súas familias.
Os fins que persegue ASPERGA son:
-
Promover a sensibilización e concienciación social da sociedade en xeral acerca da problemática das persoas con TEA e a súas familias.
-
Favorecer e mellorar a súa autonomía a través de diversas intervencións individuais e grupais realizados a través de programas específicos.
-
Representar e defender os intereses das persoas con TEA e as súas familias.
A persoas afectadas con trastorno do espectro autista (TEA) sen discapacidad intelectual nin deterioración da linguaxe, acompañada cun grao de apoio 1 ou 2, o que se ven denominando a Síndrome de Asperger e Autismo de Alto funcionamento.