ASPERGA, ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER

Representante legal: RITA CONCEPCIÓN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
C.I.F: G70043435
Coordinador técnico: Teresa Gómez Louzao
CAMPAMENTOS DE VERÁN
CONVOCATORIA DE VOLUNTARIADO: ASPERGA (ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER) busca para os centros de Santiago de Compostela e A Coruña, varias persoas voluntarias para colaborar nos Campamentos de Verán URBANcamp que organizará no mes de xullo en A Coruña e en Santiago de Compostela: - ASPERGA SANTIAGO DE COMPOSTELA (Avda. de Castelao, N.º48 Baixo): no mes de xullo de Lunes a Venres. 10h a 14h (grupos de 6 a 13 anos) - ASPERGA A CORUÑA (Avda. de Oza, N.º 240, 1º A-B): no mes de xullo de Luns a Venres. 10h a 14h. (grupos de 9 a 13 anos) ¿CÓMO NOS IMOS ORGANIZAR? Desde o primeiro momento terás formación previa por parte dos e das profesionais de ASPERGA así como indicacións precisas sobre as tarefas a realizar por cada unha das persoas que formarán o equipo encargado de levar a cabo as actividades do campamento. ¿QUÉ TAREFAS DEBO REALIZAR COMO PERSOA VOLUNTARIA? • Acompañar ao grupo de participantes ás diferentes actividades programadas. • Animar e dinamizar as actividades para que sexan o más divertidas e enriquecedoras posible. • Animar á participación de todas as persoas nas diferentes actividades. • Guiar ao grupo nos diferentes desprazamentos ata as instalación previstas para as actividades. • Favorecer a autonomía das persoas participantes, na medida do posible, en habilidades instrumentais (como por exemplo, pagar en autobuses, solicitar información...) ESTE VOLUNTARIADO É ADECUADO PARA: Persoas adultas, que compartan a nosa labor e obxectivos, con ganas de participar nunha experiencia de lecer inclusiva e adaptada. Unha experiencia de voluntariado altamente recomendada e recomendable para persoas que teñan formación nos ámbitos en Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social, Monitor/a de Lecer e Tempo libre, Animación Sociocultural, así como doutras especialidades da Intervención Sociocomunitaria. COMPETENCIAS E CONTIDOS QUE ADQUIRIRÁ O VOLUNTARIADO: Iniciativa e autonomía. Capacidade de aprendizaxe. Organización e planificación . Comunicación interpersoal. Traballo en equipo. Diplomacia e “saber estar”. O TEA: características e orientacións. Lecer inclusivo, adaptado e integración. TIPO DE VOLUNTARIADO: Puntual: esta oportunidade non require dun compromiso continuado. Podes realizar unha colaboración esporádica coa organización, e apuntarte nas datas que esteas dispoñible (non ten por qué ser o mes completo). Mais, se tes interese nunha colaboración más continua noutras actividades de ASPERGA ao longo do ano, estaremos encantados de contar contigo!!!!! NÚMERO DE VACANTES: • Santiago de Compostela: 2 • A Coruña: 4 PARA MÁIS INFORMACIÓN: Clica: https://asperga.org/gl/boletines/asperga-boletin-13-gal/ Chama: 881 165 157 Escribe: info@asperga.org