Dende a Xunta de Galicia non só fomentamos a participación activa en actividades de voluntariado, senón tamén unha formación específica para que esta participación sexa o máis fructífera posible. Por este motivo, elaboramos un plan de formación anual, con cursos en liña e presenciais en varias áreas, co fin de dar resposta aos diferentes programas postos en marcha e ás demandas dos voluntarios.