Dende a Xunta de Galicia non só fomentamos a participación activa en actividades de voluntariado, senón tamén unha formación específica para que esta participación sexa o máis fructífera posible. Por este motivo, elaboramos un plan de formación anual, con cursos en liña e presenciais en varias áreas, co fin de dar resposta aos diferentes programas postos en marcha e ás demandas dos voluntarios.

Curso en liña: Voluntariado interxeracional
A inscrición estará aberta ata o 25 de outubro.
Curso en liña: A planificación de proxectos de voluntariado 2019
A inscrición estará aberta ata o 30 de setembro.
Curso en liña: Especialización en voluntariado 2019
O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de outubro .
Curso en liña: Voluntariado ambiental 2019
O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de novembro
Xestión e dinamización do voluntariado ambiental 2019
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Voluntariado para a prevención, detección, apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero 2019
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Educación e voluntariado ambiental 2019
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.