Listado de demandas

INFORMÁTICA. USO DO MÓBIL E DO PC
Actividade continua anual dos MÉRCORES. Contidos: -Móbil, tablet e pc. Uso básico do dispositivo e de posibles actualizacións. -Acceso a internet (datos e wifi). -Aplicacións tipo WhatsApp, Telegram e correo electrónico. -Xestións administrativas electrónicas. Estamos na procura de persoas que queiran trasmitir os seus coñecementos relacionados coa informática, co manexo do pc e do móbil ás persoas participantes da entidade que presentan algún problema de saúde mental. Son grupos reducidos e apoiados da persoa responsable da actividade.
SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS
CURSOS FORMATIVOS DESTINADOS A PERSOAS CON ENFERMIDADE DE RIL EN CALQUERA DOS SEUS ESTADÍOS, PARA IMPARTIR TALLERES NOS COLEXIOS EDUCATIVOS DAS CIDADES DE CORUÑA, FERROL E SANTIAGO
Camiño das Mouras
Actividade de recuperación da contorna fluvial, accións de limpeza, xardinería, fabricación de mobiliario e decoración do espazo. Ademais do tempo de traballo tamén teremos tempo para gozar da praia fluvial, facer un picnic e de actividades de lecer en colaboración con varias asociacións xuvenís de Galicia