Voluntariado en programas de deporte, educación e inclusión social a través del hockey sobre patines
Traviesas Hockey Club busca personas voluntarias interesadas en colaborar en proyectos deportivos, educativos y sociales dirigidos a la infancia y la juventud.
Las personas voluntarias participarán en actividades de promoción del deporte, apoyo a la organización de eventos deportivos, colaboración en programas de iniciación al hockey sobre patines, acciones de integración e igualdad, campus deportivos, jornadas de puertas abiertas y otras iniciativas desarrolladas por la entidad.
El programa se desarrolla en un entorno deportivo y educativo, siempre bajo la coordinación del personal responsable del club y con la formación necesaria para el correcto desempeño de las actividades.
No se requiere experiencia previa en voluntariado.
Promoción do deporte feminino e programa Elas Tamén Xogan
O Traviesas Hockey Club busca persoas voluntarias para colaborar nas actividades de promoción do deporte feminino desenvolvidas pola entidade a través do programa Elas Tamén Xogan.
Este programa ten como finalidade fomentar a participación de nenas e mulleres no deporte, visibilizar referentes femininos, promover a igualdade de oportunidades e contribuír á creación de espazos deportivos inclusivos e seguros.
As persoas voluntarias poderán participar na organización de eventos e torneos femininos, actividades de difusión e sensibilización, xornadas de iniciación deportiva, acompañamento de deportistas, apoio loxístico e colaboración en accións de promoción do hockey sobre patíns feminino.
O programa foi recoñecido pola súa contribución social e deportiva e constitúe unha iniciativa de referencia na promoción do deporte feminino no ámbito local.
Voluntariado deportivo en hockey sobre patines – Traviesas Hockey Club
O Traviesas Hockey Club busca persoas voluntarias para colaborar nas actividades deportivas, educativas e sociais que desenvolve ao longo do ano.
As persoas voluntarias poderán participar no apoio a escolas deportivas, actividades de iniciación ao hockey sobre patíns, eventos e competicións deportivas, programas de promoción do deporte feminino, campus deportivos, accións de participación comunitaria e proxectos de integración a través do deporte.
O voluntariado desenvolverase en coordinación co equipo técnico e directivo da entidade, contribuíndo á formación integral da infancia e da xuventude mediante a práctica deportiva e a educación en valores.
Apoio no coidado dun horto no dispositivo que temos en Lugo de protección internacional
Interese pola agricultura, xardinería ou sustentabilidade.
Capacidade para traballar en equipo e en contornas multiculturais.
Compromiso, responsabilidade e respecto cara ás persoas participantes.
Apoio en clases de Ele
Estamos a buscar persoas voluntarias para colaborar de forma presencial no apoio ás clases de Español como Lingua Estranxeira (ELE) dirixidas a persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional. O labor do voluntariado consistirá principalmente en:
Apoio na aula durante as clases de español
Reforzo da expresión e comprensión oral
Acompañamento lingüístico e cultural
Apoio en actividades educativas e dinámicas de grupo
Campaña Mundial pola Educación 2026
As persoas voluntarias participarán no desenvolvemento de obradoiros de sensibilización en defensa do dereito humano á educación (ODS4) en centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato) e en grupos de educación non formal (asociacións xuvenís, culturais, deportivas, etc.).
Recibirán unha formación previa da CME Galicia coas unidades didácticas e instrucións para a preparación dos materiais. Despois, cada persoa voluntaria deberá contactar cun grupo (por exemplo, un centro educativo ou unha asociación) e levar a cabo os obradoiros.
No caso de que a persoa voluntaria non consiga un grupo, a CME Galicia axudará a poñerse en contacto cun centro ou colectivo.
O obxectivo é promover o dereito á educación e a igualdade dixital a través de dinámicas participativas, actividades creativas e o acompañamento do grupo no proceso de reflexión.
Data límite inscricións:
28/02/2026
Data inicio actividade:
02/03/2026
Data fin actividade:
30/06/2026
Contacto: email: tsaenz@ayudaenaccion.org ou teléfono/whatsapp: 606 420 114
VOLUNTARIADO COMO MONITOR/A DE TEMPOS LIBRES EN SETEPORTAS-ALTAIR DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Buscamos persoas que queiran facer parte da equipa voluntaria de monitores/as de tempos libres de Seteportas-Altair de Santiago de Compostela.
Requisitos:
-18 anos cumpridos.
-Predisposición ao trato con infancia e xuventude e ao traballo en equipo.
-Persoas interesadas no seu desenvolvemento integral, na adquisición de experiencias e capacidades.
-Persoas optimistas, flexíbeis e con gañas de aprender.
-Boa vontade na acción e gañas de traballar polo benestar das persoas e o ben común comunitario.
-Gusto polas actividades en contacto coa natureza, a aventura e a vida campista.
Non é necesario contar con coñecementos específicos no ámbito. As persoas candidatas seleccionadas serán formadas pola asociación e poderán acceder á bolsa de formación, subvencionada por Altair Galiza, para obter o título de monitor/a e/ou director/a nos tempos libres.
Prazas ofertadas: 4
Contacto: info@altair.gal / 633336256
Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL
Fórmate, culturízate e realiza accións de voluntariado no programa Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL, en torno ao patrimonio material e inmaterial do rural galego, na agroalimentación, no medioambiente e no turismo, para acadar obxectivos de transición ecolóxica, cohesión territorial e social, transformación dixital, igualdade de xénero no rural, crecemento poboacional en zonas deprimidas, interacción coa sociedade rural atlántica e turismo respectuoso e sustentable. Únete ao GCU e ás entidades colaboradoras Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C e o Concello de Monfero, ao abeiro da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, para o ano 2025.
Ver convocatoria completa (bases), e enlace e modelos de presentación de solicitudes en https://web.gcompostela.org/es/voluntariado-gcu-co-patrimonio-en-bosquesgal/
PERSOA VOLUNTARIA PARA ATENCIÓN A MENOR - ARZÚA
PRECÍSASE PERSOA VOLUNTARIA PARA A ATENCIÓN DUN MENOR DE 11 ANOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS. O HORARIO SERÍA OS MÉRCORES E VENRES, DE 09:30H A 13:30H, DURANTE OS MESES DE VERÁN. A ACCIÓN VOLUNTARIA DESENVOLVERÍASE NA LOCALIDADE DE ARZÚA.
Voluntariado Hospitalario
Realización de actividades lúdicas as tardes dos sábados e os domingos do ano en horario de 17:30h-19:30h na planta de hospitalización de pediatría do Hospital Clínico universitario e Santiago e Compostela (CHUS). Os requisitos para poder formar parte do nosos voluntariado e ser maior de idade e ter ganas de pasar unha tarde divertida cos nenos hospitalizados e as súas familias