APOIO A CRIANZAS E ADOLESCENTES  DO SISTEMA DE PROTECCIÓN “ACOMPAÑAMENTO EN ENCONTROS ENTRE IRMÁS E IRMÁNS”
	
		Acompañar aos nenos, nenas e adolescentes que son irmáns e irmás é conviven en diferentes familias acolledoras ou centros residenciais en contactos entre eles. 
       Segundo a  lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á  convivencia de Galicia, as persoas menores de idade  teñen dereito a conservar os vínculos afectivos cos seus irmáns e irmás e, a tal fin,  a Administración da Xunta de Galicia procurará que todos eles sexan acollidos ou adoptados por unha mesma persoa ou familia  e, en caso de separación, tratará de facilitar a relación entre eles e elas.
A realidade é que existen moitas situacións de nenos, nenas e adolescentes nesta situación que conviven en diferentes familias ou centros residenciais supoñéndolles unha gran dificultade ás familias acolledoras realizar eses contactos entre familiares coa frecuencia óptima e en lugares axeitados.
Con este proyecto queremos facilitar as crianzas e adolescentes do sistema de protección  estes encontros e enriquecelos con alternativas de ocio positivas, socializadoras e saudables.
O TRABALLO POLAS CRIANZAS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN E AS SUAS FAMILIAS  IMPULSANOS A COMEZAR ESTA AVENTURA. VIVÁMOLA XUNTXS!!
Se te interesa colaborar o saber máis podes poñerte en contacto no correo voluntariado@acougo.gal ou no teléfono 687 861 741
	
	
	
  
    
	BUSCAMOS PERSOAS VOLUNTARIAS PARA ACOMPAÑAMENTO
	
		Estamos buscando persoas voluntarias para acompañamento a persoas con enfermidade de Parkinson mentres que a/o coidador/a principal participa dunha actividade da asociación.
O acompañamento se realizaría os martes en horario de tarde, de 16:00 A 17:00 aproximadamente.
Onde sería? Na sede da asociación, calle jazmines 10. Barrio das Flores, A Coruña.
Cando comezaría? No mes de Febreiro.
Perfil da persoa voluntaria: Persoa que desexe colaborar co noso proxecto de voluntariado e compartir o seu tempo cos demáis.
Que farían as persoas voluntarias? Acompañamento, actividades dinamización, etc. Tempo a investir: unha hora semanal. 
Onde solicitalo: enviándonos un email a info@parkinsongaliciacoruna.org, ou chamando ao 981241100 /618950128 (tamén mensaxe de whatsapp)
	
	
	
  
    
	Obradoiros e actividades para nenos e nenas con TDAH
	
		Ao longo do curso escolar, realizamos unha serie de actividades e obradoiros, sobre todo os sábados a maña, para os nenos e nenas que teñen a característica do Trastorno de Deficit de Atención e Hiperactividade. Son obradoiros psicomotrices, de manualidades, de inglés e artísticos. 
	
	
	
  
    
	Voluntariado para Punto Violeta - Arcoiris
	
		Vountariado para colaborar na atención do Punto Violeta e Arcoiris que se vai instalar en Pontedeume durante a celebración das Festas das Peras. O punto pretende ser un espazo seguro para mulleres e persoas da comunidade LGTBI+ que se podan atopar ante unha situación de acoso ou agresión durante a celebración dos concertos e das actividades das festas, e para sensibilizar e informar á poboación que se achegue polo punto. 
En todo momento haberá persoal especializado de Euroeume para acompañar ás persoas voluntarias. Ás persoas voluntarias inscritas nesta actividade recibirán unha pequena formación previa para coñecer os protocolos de actuación en cada un dos casos que se podan presentar.
	
	
	
  
    
	Programa de Justicia Restaurativa VIGO
	
		Somos CONCAES, la Confraternidad Carcelaria de España, nuestra labor principal se desarrolla dentro de los centros penitenciarios, realizando talleres sociales educacionales, programas a escala europea de Justicia Restaurativa, y programas de valores.
La justicia restaurativa considera que el crimen es algo más que una violación de la ley. Es un daño a las personas, a las relaciones personales y a la comunidad. La justicia no debe consistir solo en cumplir un castigo, sino también en reparar los daños causados a las víctimas. Por eso, es una justicia que se basa en los diálogos entre víctimas e infractores, poniendo el énfasis en el perdón y la reparación.
Actualmente buscamos voluntarios en VIGO para un programa de JUSTICIA RESTAURATIVA. 
El proyecto consiste en 10 sesiones de diálogos restaurativos con personas condenadas a una pena privativa de libertad o a trabajo en beneficio de la comunidad. Busca concienciar a las personas sobre los delitos cometidos, la reparación del daño, el perdón y la responsabilización, entre otras cosas. En algunas sesiones, una víctima no vinculada a los infractores comparte sus experiencias con ellos.
Buscamos a voluntarios que se comprometan con el taller, debido a que la permanencia mínima es de aproximadamente 10 semanas (1 día por semana, quedando los días concretos aún por definir en función de la disponibilidad de los voluntarios). La importancia de la permanencia reside en la necesidad de crear un ambiente de confianza con los participantes de forma que ellos se sientan cómodos a la hora de asistir. Además, las sesiones están diseñadas en orden, por lo que es realmente importante que los penados estén acompañados por el mismo grupo de voluntarios hasta la finalización del programa.
¿Te interesa participar como voluntario en este proyecto para dirigir las sesiones de diálogos restaurativos con otros compañeros? ¿Has sido víctima de un delito y te interesaría compartir tu experiencia? ¡Inscríbete y contactaremos contigo!
	
	
	
  
    
	CAMPAMENTOS DE VERÁN
	
		CONVOCATORIA DE VOLUNTARIADO:
ASPERGA (ASOCIACIÓN GALEGA DE ASPERGER) busca para os centros de Santiago de Compostela e A Coruña, varias persoas voluntarias para colaborar nos Campamentos de Verán URBANcamp que organizará no mes de xullo en A Coruña e en Santiago de Compostela:
- ASPERGA SANTIAGO DE COMPOSTELA (Avda. de Castelao, N.º48 Baixo): no mes de xullo de Lunes a Venres. 10h a 14h (grupos de 6 a 13 anos)
- ASPERGA A CORUÑA (Avda. de Oza, N.º 240, 1º A-B): no mes de xullo de Luns a Venres. 10h a 14h. (grupos de 9 a 13 anos)
¿CÓMO NOS IMOS ORGANIZAR?
Desde o primeiro momento terás formación previa por parte dos e das profesionais de ASPERGA así como indicacións precisas sobre as tarefas a realizar por cada unha das persoas que formarán o equipo encargado de levar a cabo as actividades do campamento.
¿QUÉ TAREFAS DEBO REALIZAR COMO PERSOA VOLUNTARIA?
    • Acompañar ao grupo de participantes ás diferentes actividades programadas.
    • Animar e dinamizar as actividades para que sexan o más divertidas e enriquecedoras posible.
    • Animar á participación de todas as persoas nas diferentes actividades.
    • Guiar ao grupo nos diferentes desprazamentos ata as instalación previstas para as actividades.
    • Favorecer a autonomía das persoas participantes, na medida do posible, en habilidades instrumentais (como por exemplo, pagar en autobuses, solicitar información...) 
ESTE VOLUNTARIADO É ADECUADO PARA:
Persoas adultas, que compartan a nosa labor e obxectivos, con ganas de participar nunha experiencia de lecer inclusiva e adaptada. 
Unha experiencia de voluntariado altamente recomendada e recomendable para persoas que teñan formación nos ámbitos en Pedagoxía, Psicoloxía, Educación Social, Monitor/a de Lecer e Tempo libre, Animación Sociocultural, así como doutras especialidades da Intervención Sociocomunitaria. 
COMPETENCIAS  E CONTIDOS QUE ADQUIRIRÁ O VOLUNTARIADO:
Iniciativa e autonomía. Capacidade de aprendizaxe. Organización e planificación . Comunicación interpersoal. Traballo en equipo. Diplomacia e “saber estar”. 
O TEA: características e orientacións. Lecer inclusivo, adaptado e integración. 
TIPO DE VOLUNTARIADO:
Puntual: esta oportunidade non require dun compromiso continuado. Podes realizar unha colaboración esporádica coa organización, e apuntarte nas datas que esteas dispoñible (non ten por qué ser o mes completo). Mais, se tes interese nunha colaboración más continua noutras actividades de ASPERGA ao longo do ano, estaremos encantados de contar contigo!!!!!
NÚMERO DE VACANTES: 
    • Santiago de Compostela: 2 
    • A Coruña: 4
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Clica: https://asperga.org/gl/boletines/asperga-boletin-13-gal/
Chama: 881 165 157 
Escribe: info@asperga.org
	
	
	
  
    
	VOLUNTARIADO FIESTA SOLIDARIA INDIA CIRCULO DE LAS ARTES LUGO
	
		CAMAREROS Y AZAFATAS, CHICOS Y CHICAS PARA LLEVAR BANDEJAS CON PINCHOS Y AYUDAR EN LA ORGANIZACION DE FIESTA SOLIDARIA AMBIENTADA EN LA INDIA, CON ESPECTACULOS COMO BOLLYWOOD, GRUPOS DE MUSICA, EXPOS DE FOTOS Y CENA LIGERA  
	
	
	
  
    
	NECESITAMOS VOLUNTARIOS/AS PARA O DÍA MUNDIAL DE PARKINSON
	
		¡Necesitamos persoas voluntarias! 
O día 7 de abril saímos á rúa con mesas informativas para visibilizar a enfermidade. ¿Contamos contigo? 
	
	
	
  
    
	PROXECTO OLIVO PONTEVEDRA
	
		Os obxectivos xerais do programa son a prevención do deterioro físico, cognitivo, social e emocional das persoas maiores de 65 anos privadas de liberdade.
Os obxectivos específicos do programa de voluntariado son os seguintes:
- Facilitar un espazo para as persoas maiores de 65 anos no que poidan relacionarse con outras persoas e prevelo illamento social.
- Mellorar a autoestima da poboación maior de 65 anos.
- Mellorar as capacidades cognoscitivas mediante exercicios para entreter a memoria, atención, función executiva, etc.
- Axudar as persoas a manter unha boa forma física, mediante exercicios de ximnasia de baixa intensidade.
As actividades que vai a desenvolver o voluntariado son as seguintes:
- Obradoiro de lecto-escritura: as persoas voluntarias levan un texto ou unhas preguntas dende as que construír un texto cos internos e guían un pequeno debate sobre o mesmo, ademais de axudarlles coa corrección ortográfica e gramatical.
- Estimulación cognitiva: as persoas voluntarias levan fichas individuais ou algunhas actividades grupais para mellorala función cognitiva. Exercicios de memoria, atención, habilidades visioespaciais, etc.
- Cinefórum: unha vez ao mes as persoas voluntarias levan unha película ao centro para o seu visionamento e na seguinte sesión se fai un debate sobre a mesma.
- Actividade física: se fan exercicios de baixa intensidade coas persoas penadas.
Todas estas actividades se organizan cunha persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES) que axudará á persoa voluntaria a atopar o material adecuado o llo dará directamente.
En canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal.
As actividades de voluntariado desenvolveranse en Centro Penal de A Lama (Pontevedra)
	
	
	
  
    
	PROXECTO OLIVO A CORUÑA
	
		Os obxectivos xerais do programa son a prevención do deterioro físico, cognitivo, social e emocional das persoas maiores de 65 anos privadas de liberdade.
Os obxectivos específicos do programa de voluntariado son os seguintes:
- Facilitar un espazo para as persoas maiores de 65 anos no que poidan relacionarse con outras persoas e prevelo illamento social.
- Mellorar a autoestima da poboación maior de 65 anos.
- Mellorar as capacidades cognoscitivas mediante exercicios para entreter a memoria, atención, función executiva, etc.
- Axudar as persoas a manter unha boa forma física, mediante exercicios de ximnasia de baixa intensidade.
As actividades que vai a desenvolver o voluntariado son as seguintes:
- Obradoiro de lecto-escritura: as persoas voluntarias levan un texto ou unhas preguntas dende as que construír un texto cos internos e guían un pequeno debate sobre o mesmo, ademais de axudarlles coa corrección ortográfica e gramatical.
- Estimulación cognitiva: as persoas voluntarias levan fichas individuais ou algunhas actividades grupais para mellorala función cognitiva. Exercicios de memoria, atención, habilidades visioespaciais, etc.
- Cinefórum: unha vez ao mes as persoas voluntarias levan unha película ao centro para o seu visionamento e na seguinte sesión se fai un debate sobre a mesma.
- Actividade física: se fan exercicios de baixa intensidade coas persoas penadas.
Todas estas actividades se organizan cunha persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES) que axudará á persoa voluntaria a atopar o material adecuado o llo dará directamente.
En canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal.
As actividades de voluntariado desenvolveranse en Centro Penal de Teixeiro (A Coruña)