Listado de demandas

Campaña Mundial pola Educación 2026
As persoas voluntarias participarán no desenvolvemento de obradoiros de sensibilización en defensa do dereito humano á educación (ODS4) en centros educativos (primaria, secundaria, bacharelato) e en grupos de educación non formal (asociacións xuvenís, culturais, deportivas, etc.). Recibirán unha formación previa da CME Galicia coas unidades didácticas e instrucións para a preparación dos materiais. Despois, cada persoa voluntaria deberá contactar cun grupo (por exemplo, un centro educativo ou unha asociación) e levar a cabo os obradoiros. No caso de que a persoa voluntaria non consiga un grupo, a CME Galicia axudará a poñerse en contacto cun centro ou colectivo. O obxectivo é promover o dereito á educación e a igualdade dixital a través de dinámicas participativas, actividades creativas e o acompañamento do grupo no proceso de reflexión. Data límite inscricións: 28/02/2026 Data inicio actividade: 02/03/2026 Data fin actividade: 30/06/2026 Contacto: email: tsaenz@ayudaenccion.org ou teléfono/whatsapp: 606 420 114
Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL
Fórmate, culturízate e realiza accións de voluntariado no programa Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL, en torno ao patrimonio material e inmaterial do rural galego, na agroalimentación, no medioambiente e no turismo, para acadar obxectivos de transición ecolóxica, cohesión territorial e social, transformación dixital, igualdade de xénero no rural, crecemento poboacional en zonas deprimidas, interacción coa sociedade rural atlántica e turismo respectuoso e sustentable. Únete ao GCU e ás entidades colaboradoras Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C e o Concello de Monfero, ao abeiro da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, para o ano 2025. Ver convocatoria completa (bases), e enlace e modelos de presentación de solicitudes en https://web.gcompostela.org/es/voluntariado-gcu-co-patrimonio-en-bosquesgal/
PERSOA VOLUNTARIA PARA ATENCIÓN A MENOR - ARZÚA
PRECÍSASE PERSOA VOLUNTARIA PARA A ATENCIÓN DUN MENOR DE 11 ANOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS. O HORARIO SERÍA OS MÉRCORES E VENRES, DE 09:30H A 13:30H, DURANTE OS MESES DE VERÁN. A ACCIÓN VOLUNTARIA DESENVOLVERÍASE NA LOCALIDADE DE ARZÚA.
Voluntariado Hospitalario
Realización de actividades lúdicas as tardes dos sábados e os domingos do ano en horario de 17:30h-19:30h na planta de hospitalización de pediatría do Hospital Clínico universitario e Santiago e Compostela (CHUS). Os requisitos para poder formar parte do nosos voluntariado e ser maior de idade e ter ganas de pasar unha tarde divertida cos nenos hospitalizados e as súas familias
Voluntariado en todos os sectores asociativos da entidade
Voluntariado en todas as actividades que ofrece a asociación e en novas actividades que se podan valorar
Voluntariado en todos os sectores asociativos da entidade
Todas as actividades que a asociación ofrece máis a que se podan propoñer e estudiar xunto con a coordinación de voluntariado e directiva da entidade.
No Eido: un bosque para veciñanza
Construción dun bosque comestible: -Limpeza da finca -Creación dos regos -Elaboración de compostaxe -Plantacións -Acompañamento de persoas en risco de exclusión
Obradoiros artístico-pedagóxicos para nenos e nenas 2024 - 2025
Voluntariado en participación e realización en obradoiros artístico - pedagóxicos para nenos e nenas con trastorno de déficit de atención e hiperactividade e dificultades de aprendizaxe.
Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea
Continuamos cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea, nesta ocasión na fin de semana do 28, 29 e 30 de xuño. Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminando manchas de Acacia dealbata, A. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras. Tamén revisaremos outras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes. Para máis información podes escribir un correo a maria.amigo@adega.gal ou chamar ao 981 57 00 99 http://adega.gal/axenda.php?id=1195&idioma=gl&sec=11
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS ZAMPAKILOS 8 e 9 de Marzo 2024
Recollida de alimentos en supermercados Familia/Eroski para o Banco de Alimentos Rias Altas. Son necesarios voluntarios sobre todo en Santiago. Os turnos son de duas horas e media . Para contactar chamar ó 604001206 ou escribir a voluntarios@balrial.org