Listado de demandas

Programa de respiro familiar para personas con discapacidad intelectual
Estancias de 4 días en datas sinaladas (pontes ou fins de semana longos) en época non estival. Durante o verán campamentos de 13 días con pernocta. En todos os casos son actividades para persoas con discapacidade intelectual adultas. Priman as actividades de tipo social e actividades físicas no medio natural
Prevención de Accidentes en Medio Terrestre e Acuático
Colaboración nos proxectos de prevención de accidentes en medio terrestre e acuático nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Non se precisa experiencia previa, pero se valora positivamente formación en materia de intervención en emerxencias ou formación en rama sanitaria.
Tenda solidaria
Queres colaborar como persoa voluntaria nas tendas solidarias situadas na cidade de Pontevedra, ponte en contacto connós e disfrutarás dun gran ambiente de traballo cóbado a cóbado.
Horta solidaria
Dispoñemos de duas hortas nas parroquias de Alba e Lerez onde traballamos a importancia do rural, así como o traballo na terra (agricultura e gandeiría). Mantén un contacto coa natureza e o rural, poderás cultivar os teus productos nas hortas e coñecer máis xente coas túas inquedanzas.
Voluntariado GCU co Patrimonio en Bosques GAL
Fórmate, culturízate e realiza accións de voluntariado en torno ao patrimonio material e inmaterial do rural galego, na agroalimentación, no medioambiente e no turismo, para acadar obxectivos de transición ecolóxica, cohesión territorial e social, transformación dixital, igualdade de xénero no rural, crecemento poboacional en zonas deprimidas, interacción coa sociedade rural atlántica e turismo respectuoso e sustentable. Únete ao GCU e ás entidades colaboradoras Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C e o Concello de Monfero, ao abeiro da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, para o ano 2025. Ver convocatoria completa (bases), e enlace e modelos de presentación de solicitudes en https://web.gcompostela.org/es/voluntariado-gcu-co-patrimonio-en-bosquesgal/
Informar, orientar y mediar
Haz voluntariado en actividades de acogida, escucha y orientación para las personas que precisan atención por parte de Cruz Roja. Puedes realizar este voluntariado de manera presencial o a distancia.
Actuar con los más jóvenes
¿Te gustaría colaborar con los más jóvenes? En Cruz Roja encontrarás el voluntariado perfecto para ti.
Asistir a población en riesgo social
Presta tu apoyo a personas en situación en riesgo social, que necesitan ayuda para resolver o mejorar su situación y que por sí mismas no pueden solucionar. Podrás acudir a espacios habilitados por Cruz Roja y colaborar en tareas sencillas para dar respuesta a sus necesidades.
XVIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos
Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o sábado 2 de xullo. Achegarémonos desta volta a Carral, ao río Brexa, onde coñeceremos o proxecto de custodia do territorio que desenvolve dende fai varios anos a Asociación Brexa en colaboración co Concello. Os compañeiros da Asociación Brexa comentarán as accións que desenvolven arredor deste curso fluvial e nas fincas propiedade do concello que están arredor do río. Logo realizaremos un pequeno roteiro pola marxe do río para rematar a actividade na área recreativa do río onde compartiremos un pequeno xantar a cargo do Proxecto Ríos. Poderemos visitar na zona da área recreativa unha charca onde hai presenza das princiapis especies de anfibios que podemos atopar en Galiza. No transcurso da xornada realizaremos algunha pequena actividade de mantemento das accións realizadas pola asociación Brexa: acondicionamento das árbores plantadas no bosque de riberia e eliminación de invasoras na contorna da área recreativa. Para anotarse: proxectoriosgaliza@gmail.com / 981 57 00 99
Roteiro para a identificación de EEI en Razo Baldaio
Xordana adicada ao inventario de especies exóticas invasoras na contorna das praias e Razo e Baldaio. O obxectivo da identificación é realizar unha xornada de eliminación de EEI para continuar co control das especies invasoras no litoral de Carballo. A actividade está incluída no proxecto Eu Quero Razo Baldaio. Máis información e inscricións: http://adega.gal/axenda.php?id=858&idioma=gl&sec=12